Antonio López Hernández, nado na Coruña en 1879 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1950, foi un arquitecto galego.
Traxectoria Estudou a carreira na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, licenciándose en 1904. Traballou nun primeiro momento coma arquitecto funcionario do Ministerio de Facenda en Sevilla, de 1906 a 1908, trasladándose deseguido a Pontevedra e A Coruña, onde casou con Carmen López Martínez en 1910. Continuou co seu traballo para o Ministerio amais de como arquitecto libre en diversos proxectos desta cidade entre 1910 e 1913. Daquela trasladouse a Pontevedra como arquitecto do catastro, onde residirá até 1932.
En 1920 traballará interinamente no posto de arquitecto municipal de Pontevedra á vez que foi nomeado presidente da Asociación de arquitectos de Galicia nesta cidade. Volveu á Coruña en 1932, cunha menor produción respecto da desenvolvida na súa anterior estadía. Trasladouse a Madrid en 1944, onde faleceu.
Obra miniatura|A Terraza, en Sada. miniatura|Á dereita, a Casa Arambillet. López Hernández, xunto con Ricardo Boán Callejas, está considerado o introdutor do modernismo na cidade da Coruña. Entre as súas obras destacan: Casa Arambillet, na praza de Lugo da Coruña (1912) Casa Salorio, na praza de Pontevedra da Coruña (1912) A Terraza (1912). Instalada nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña e trasladada entre 1920 e 1921 a Sada.
Tamén realizou varias obras modernistas na cidade de Pontevedra: Casa Sanz Díaz, na avenida da Coruña, 20. Ornamentación da Casa da Confraría da Peregrina, na praza da Peregrina. Outras obras desaparecidas como o quiosco de prensa Enrique Paredes na praza da Ferrería (1921), unha casa na rúa Sagasta e a ornamentación doutra na rúa Serra, 10.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artistas galegos. Arquitectos. Arquitectura modernista, ecléctica e rexionalista. Nova Galicia Edicións (2002) ISBN 84-87755-94-1
Outros artigos A Terraza
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Arquitectura modernista en Galicia