Tregua é un grupo galego da Coruña, creado no 2007 por Mario García "Petru" en colaboración co pianista Rubén Rodríguez e o guitarrista Adri Torreira. O seu estilo de música vai dende o rock and roll, ao blues, ao swing , achegándose tamén ao chamado rock urbano. Levan publicados seis álbums de estudio.
Historia O 21 de xuño do 2008 publicaron o seu primeiro álbum, titulado Donde todo empieza. O seu segundo álbum, Nunca es tarde saíu o 28 de marzo do 2009, mentres que o seu terceiro traballo, Luces y sombras, publicouse en 2011.
En 2017 publicaron un novo traballo, titulado Tregua, e que foi financiado grazas a unha campaña de mecenado. En 2018 publicaron Kilómetro a kilómetro, un disco no que contaron coa colaboración de numerosos artistas, entre eles Fernando Madina, Javi Maneiro, Alberto Cereijo, José Andrëa, Carlos Goñi ou Miguel Costas. No 2021 viu a luz o seu sexto traballo, titulado Lo urgente es vivir.
Compoñentes Mario García (Petru): Guitarra eléctrica, acústica e voz. Rubén Rodríguez López: Piano, hammond e coros. Adrian Torreira (Adri): Guitarra eléctrica e acústica. David Ruíz: Baixo e coros. Miguel Vieites: Batería e percusión. Ramón A. Velázquez: Violín.
Ex-compoñentes Iván Fernández: Baixo. Fernando Romero: Saxofón.
Colaboracións nas gravacións: Jacobo Paz: Voz e coros. Pocho Taxes: Baixo. Fernando Lamas: Batería. Pipo García: Batería. Manu Clavijo: Violín. Alvaro Lamas: Steel guitar.
Discografía Donde todo empieza (2008) Nunca es tarde (2009) Luces y sombras (2011) Tregua (2017) Kilómetro a kilómetro (2018) Lo urgente es vivir (2021)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tregua en MySpace
Categoría:Grupos musicais da Coruña Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 2007