Ramón Lamote Miñato, coñecido como Ramón Lamote, é un personaxe de ficción creado polo escritor lugués Paco Martín e debuxado polo ilustrador Xan Balboa por vez primeira en 1985.

Características Trátase do protagonista do libro Das cousas de Ramón Lamote, obra fundacional que supón a introdución na literatura xuvenil galega na corrente do realismo máxico de herdanza cunqueiriá<ref>[http://www.prazadasletras.org/media/praza_papel/PrazadasLetras_LIX_08.pdf Panorámica da lit. xuvenil galega] , por Ánxela Gracián, para Praza das Letras (páx.11)</ref>, un dos grandes éxitos de vendas da literatura galegaVai pola 23ª edición e recibiu o Premio Barco de Vapor de 1984., e especialmente o best-séllerPaco Martín resucita a Ramón Lamote, un 'best-seller' dos 80 , reportaxe no xornal Tierras de Santiago o 20 de xullo de 2010. da literatura infantil e xuvenil feita en GalizaPanorama da literatura infantil e xuvenil en lingua galega no século XXI , por Diego Muñoz Carrobles na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, publicada pola UCM (páx.87).. Amais, o libro foi incluído nas reputadas listaxes do IBBY Honour List (1986) e mais do White Ravens (1988); así mesmo o autor foi recoñecido co Premio Nacional de Literatura que outorga o Estado Español (1986) grazas a este título, que máis de 20 anos despois, en 2008, tivo unha continuación, coa saída ao mercado de Das novas cousas de Ramón Lamote, tamén ilustrado por Xan Balboa e publicado por Galaxia.

Canto ás características do personaxe como tal, dicir que Ramón Lamote traballa como profesor de chairegoNo segundo libro, xa está retirado. e debuxante de soños por encarga. Trátase dun home comprensivo e de mirada curiosa, pouco aleuto para as novas tecnoloxías, cheo de retranca, entregado a entender as cousas cotiás, en interpretar o comportamento alleo, amábel e preocupado pola xente que está a perder a capacidade de soñarEntrevista con Paco Martín , no Faro de Vigo o 4 de febreiro de 2008.. No preliminar de Das cousas..., Paco Martín presentábao deste modo:

Así o presentaba a editorial en 2008 co gallo da publicación de Das novas cousas de Ramón Lamote:

A crítica Isabel Soto, falaba así do Lamote de 2008:

O editor Manuel Bragado adoita empregar o termo Xeración Lamote''Xeración Lamote, post no blog de Bragado. para se referir a un grupo de escritores galegos, lugueses, algúns deles chairegos (Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz etc.) que renovaron a literatura galega infantil nos anos oitenta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Paco Martín Das cousas de Ramón Lamote Das novas cousas de Ramón Lamote

Ligazóns externas Páxina de La Voz de Galicia con recesións sobre Das cousas de Ramón Lamote, a cargo de Ernesto S. Pombo, Eva Mejuto e Xerardo Quintiá.

Categoría:Literatura infantil Categoría:Personaxes da literatura galega