Denomínase audiovisual galego a industria do audiovisual con base en Galiza, xa a nivel de produción ou elaboración de contidos. O organismo que se ocupa da coordinación e organización é o Consorcio AudioVisual Galego, dependente da Xunta de GaliciaO CAG, pendente de desenvolver as súas funcións.
Historia Os comezos A primeira gravación da historia da filmografía galega foi o Entierro del General Sánchez Bregua, rodada na Coruña o 20 de xuño de 1897 (a segunda película española máis antiga tan só despois de Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza), rodada por José Sellier. Dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na Arxentina, México, Francia e Cuba. Nomes como Maruja Mallo, Carolina Otero ou Ignacio Quirós apareceron nas páxinas da revista Galicia Emigrante, como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. Desta época é tamén a relación do cine coa compañía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os salesianos, creados por San Xoán Bosco teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesar da represión franquista, en Vigo, Ourense ou A Coruña.
En 1916 filmouse Miss Ledyia, o primeiro filme galego de ficción.
A industria propia Dende o primeiro filme comercial, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (pero sen esquecer que xa Antonio Román fixera un documental titulado O carro e o home, con guión de Xaquín Lorenzo), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da Compañía de radio e televisión de Galicia, desenvolvéronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral positivo.
Outro punto de mellora foi o aproveitamento de novas institucións. Creáronse centros de ensino ó nivel da Formación Profesional de grao superior, como a Escola de Imaxe e Son de Vigo no centro Marcote e a Escola de Imaxe e Son da Coruña, e departamentos oficiais, como o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Os últimos pasos máis destacables son a aposta pola produción propia: co fito na dirección do polifacético Antón Reixa, Mareas vivas, producida por Voz Audiovisual, xurdiron unha nova xeración de series que salpican a grella da programación da TVG, como Pratos combinados, As leis de Celavella ou Libro de familia. Mesmo no mundo da animación dixital, o incremento da produción galega levou implicada a creación dunha empresa conveniada con Caixanova que realizou dúas producións moi vendidas no estranxeiro, O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán (Dygra Films). En Santiago, na filial de Filmax, Bren Entertainment estase a producir cine de animación de gran calidade, coa multimillonaria película Donkey Xote, e conta coa coprodución de títulos coma O Cid, a lenda, Pinocho 3000, Gisaku e Perez.
Principais obras
As principais obras do audiovisual galego, tanto longametraxes coma curtametraxes e debuxos animados, son as seguintes: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, en 1988, con Xosé Manuel Olveira "Pico", Uxía Blanco, María Pujalte ou Loles León Continental, en 1988, de Xavier Villaverde Urxa, a terceira da tríade do 1988, de Carlos A. López Piñeiro Mamasunción, tamén de Chano Piñeiro O bosque animado, de animación dixital sobre un libro do coruñés Wenceslao Fernández Flórez Lena, rodada en parte na zona antiga de Vigo Días de voda (de Juan Pinzás) Érase outra vez (de Juan Pinzás) A lénda da doncella A vida que che espera Os luns ó sol, (Fernando León de Aranoa) O lapis do carpinteiro, baseada nun texto de Manuel Rivas Trece badaladas, baseada nun texto de Suso de Toro O alquimista impaciente Sei quen es Fisterra As belas durmintes Divertimento A promesa O agasallo de Silvia Un bosque de música Ilegal, con Lucía Jiménez Camiño de Santiago. A orixe Pinocho 3000, de animación dixital O Cid, a lenda, de debuxos animados Romasanta, de Francisco Plaza sobre un libro de Alfredo Conde Dagon O soño dunha noite de San Xoán Gisaku Pérez, o ratiño dos teus soños Donkey Xote Mar adentro, de Alejandro Amenábar sobre a vida de Ramón Sampedro
Festivais audiovisuais experimentais en Galicia (S8) Mostra de Cinema Periférico Festival Internacional Curtocircuíto Festival Play-Doc de Tui Mostra Internacional de cinema etnográfico MICE Via FIC Verín Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo Interseccións
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cultura galega na diáspora Ligazóns externas AVG O audiovisual galego Consello da Cultura Galega Filmoteca de Galicia Asociación Galega de Produtoras Independentes
Categoría:Audiovisual galego