miniatura|Ós irmáns García Naveira, na praza do seu nome, en Betanzos. Os irmáns Juan e Jesús García Naveira foron dous betanceiros que, ó regresaren da emigración na Arxentina, realizaron numerosas obras sociais e culturais na súa vila natal, na que investiron boa parte da fortuna que reuniron alá, tanto individual como conxuntamente. Como mostra de agradecemento e recoñecemento, a cidade de Betanzos dedicoulles a praza principal da cidade.

Eran fillos de labregos, que tiveron que emigrar para sobreviviren, desenvolvendo distintos traballos en Buenos Aires ata que crearon unha empresa dedicada á importación, Etchegaray, Arriarán y Cía. Posteriormente emprenderon outros negocios e dedicáronse ós servizos bancarios, o que lles reportou abundantes ingresos cos que fixeron unha boa fortuna.

Traxectorias miniatura|Busto de Juan García Naveira no Museo das Mariñas. Juan María García Naveira, nado o 16 de maio de 1849 en Betanzos e morto o 9 de marzo de 1933, emigrou á Arxentina con 20 anos para regresar definitivamente en 1893, fixando a súa residencia primeiramente na Coruña e logo definitivamente en Betanzos. No ano 1900 encarga ao afamado arquitecto Juan de Ciórraga a construción dunha casa en estilo francés na praza do Campo.

Foi o creador e impulsor do Parque do Pasatempo (1893-1914), así como de dous lavadoiros públicos no lugar das Cascas e un colexio para nenas con deficiencias físicas (1923)Hoxe, Instituto Pedagóxico Nuestra Señora del Sagrado Corazón para deficientes mentais.. Tamén doou á cidade as terras sobre as que se construíu un sanatorio para os Anciáns Desamparados Antes Sanatorio San Miguel e, desde 1978, Residencia García Hermanos-San Miguel. e un asilo, e subvencionou un quirófano e outras medidas de hixiene no hospital de San Antonio de Padua. Á súa morte deixou no seu testamento legados a favor do asilo e do refuxio. miniatura|Jesús García Naveira, ca. 1910. O seu irmán, Jesús García Naveira, nado o 14 de xuño de 1853 e morto o 24 de marzo de 1912 de accidente de tráfico, en San Nicolás de los Arroyos (Arxentina) En 1917, o seu cadáver foi trasladado a Betanzos e enterrado na capela do asilo., tamén emigrou á Arxentina con 18 anos. Legou unha importante cantidade ás escolas García Hermanos e ó asilo, así como para a construción da Casa do Pobo e doutra escola municipal.

Outras obras sociais froito de doazóns conxuntas foron o lavadoiro das Cascas (1902), para uso público e gratuíto, á beira do río Mendo. Fundaron en 1908 o Patronato Benéfico-Docente García Hermanos, para a construción dun asilo para os pobres naturais de Betanzos e das chamadas Escolas García Naveira que, ademais de formación, proporcionaba roupa e comida ós rapaces pobres: o asilo inaugurouse en 1912 e as escolas en 1914. Trala morte dos fundadores, o Patronato foi esmorecendo ata a súa desaparición.

Praza Irmáns García Naveira A praza central de Betanzos, denominada popularmente como praza do Campo, foi renomeada en recoñecemento á obra realizada polos dous irmáns pola cidade e os seus veciños. Na praza levántase a casa de Juan, que este construíu a pouco de regresar a Galicia, na que tamén se situaba a sede da empresa familiar.

No centro da praza, unha estatua lembra os dous benfeitores. Orixinalmente estaba situada nos xardíns do Parque do Pasatempo, e un dos irmáns estaba sinalando o asilo de anciáns, preto de alí.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Santiago de la Fuente García et al., "García Naveira, Juan e Jesús". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, tomo 21. Santiago de la Fuente García, "Los Hermanos García Naveira y sus fundaciones", Anuario Brigantino, 1999, nº 22, p. 395-434, . Betanzos. Ruta de los Hermanos García Naveira. Concello de Betanzos, 2009. Outros artigos Parque do Pasatempo Ligazóns externas "O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos" Consello da Cultura Galega.

Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina