Santiago de Bravos é unha parroquia do concello lugués de Ourol. Tiña 208 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 104 homes e 104 mulleres. O que supón unha diminución de 33 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 241 habitantes (123 homes e 118 mulleres), tamén 33 menos que en 2006.
Xeografía miniatura|esquerda|Igrexa de Santiago de Bravos. Situada a 4 km da capital do concello e a 10 da vila de Viveiro, é coñecida por ser un importante centro de peregrinación da comarca da zona norte de Lugo, dada a importancia da súa festa dedicada á Virxe de Fátima.
Crúzaa o río Souto, e limita coa parroquia de Galdo (Viveiro). É unha zona totalmente rural que conserva unha das poucas escolas unitarias en funcionamento da zona. miniatura|Río de Bravos ó seu paso pola parroquia. Ten servizo de taxis, correos, teléfono público e distintos bares.
Lugares e parroquias Lugares de Bravos
Parroquias de Ourol
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourol
Categoría:Parroquias de Ourol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior