Franz Joseph Haydn (), coñecido como Joseph Haydn,A pesar de que ás veces é chamado "Franz Joseph Haydn", o nome "Franz" non foi usado en vida do compositor e é evitado polos estudosos na actualidade. (Webster, James: "Haydn, Joseph", Grove Music Online ed. L. Macy, http://www.grovemusic.com ). Véxase tamén Nome de Haydn. nado en Rohrau an der Leitha (actualmente en Austria e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 31 de marzoA data non é coñecida con total certeza. O mesmo Haydn dixo a outros que nacera ese día (Geiringer (1982, 9); Jones (1810, 8)), mais algúns membros da súa familia citaron o 1 de abril no seu lugar (Geiringer). A dificultade que se deriva de todo isto está en que os documentos oficiais reflicten o día do bautismo e non o do nacemento, no caso de Haydn o 1 de abril (Wyn Jones 2009, 2–3). de 1732 e finado en Viena o 31 de maio de 1809, foi un compositor austríaco.Webster and Feder, 2001 Considerado un dos compositores máis prolíficos do Clasicismo, é frecuentemente chamado "O Pai da Sinfonía" e "O Pai do Cuarteto de Corda" polas súas importantes achegas a estas formas. Tamén contribuíu ao desenvolvemento instrumental do trío con piano e na evolución da forma sonata.
Viviu a meirande parte da súa vida en Austria, e desenvolveu boa parte da súa carreira como músico de corte para a rica familia Esterházy de Hungría, para os que escribiu as súas obras para barítono. Illado doutros compositores e tendencias musicais ata a parte final da súa vida, estivo, segundo dixo, "forzado a ser orixinal".Haydn fixo esta declaración ao seu amigo e biógrafo Georg August Griesinger; citado da versión en inglés de Vernon Gotwals (Griesinger 1963:17) Na época da súa morte, era un dos compositores máis célebres de Europa.
Joseph Haydn era irmán de Michael Haydn, que foi considerado un bo compositor, e Johann Evangelist Haydn, que foi tenor. Mantivo unha estreita amizade con Wolfgang Amadeus Mozart (de quen mesmo se pensa que chegou a ser mentor) e foi mestre de Ludwig van Beethoven.
Traxectoria Infancia miniatura|Mapa que amosa a localización da cidade natal de Haydn, así como os lugares nos que viviu ou visitou. Joseph Haydn naceu en Rohrau (unha pequena vila próxima a Hungría) o 31 de marzo de 1732 no seo dunha familia humilde, sendo o segundo de 12 irmáns. Seu pai era Mathias Haydn, un fabricante de rodas que tamén servira como Marktrichter, un cargo similar ao de alcalde da vila. Súa nai Maria (nada Koller), traballara anteriormente como cociñeira no pazo do Conde Harrach, o aristócrata que presidía Rohrau. Ningún dos seus pais sabía ler música;Haydn reported this in his 1776 Autobiographical sketch. non obstante, Mathias era un entusiasta da música tradicional e aprendera a tocar a arpa de xeito autodidacta na época na que traballou de oficial. Segundo os últimos recordos de Haydn, a infancia coa súa familia foi extremadamente musical, e frecuentemente cantaban xuntos e cos seus veciños.
Os pais de Haydn decatáronse de que seu fillo tiña talento para a música e sabían que en Rohrau non tería posibilidade de ter unha formación musical seria. Por esta razón aceptaron a proposición do seu familiar Johann Matthias Frankh, o director de escola e mestre do coro en Hainburg, para que Haydn aprendera na súa casa e se formara como músico. Polo tanto, con seis anos marchou con Frankh a Hainburg (a 12 km da súa cidade natal) e nunca máis volveu vivir cos seus pais.
A vida na casa de Frankh non foi doada para Haydn, quen despois lembraría estar frecuentemente famento así como ser constantemente humillado polo noxento estado da súa roupa. Non obstante, comezou os seus estudos musicais alí, e pronto foi capaz de tocar o clavicémbalo e o violín. A xente de Hainburg escoitábao cantar as partes de tiple no coro da igrexa.
Hai motivos para pensar que o canto de Haydn impresionou a quen o escoitou, xa que en 1739. Jones (2009:7) chamou a atención de Georg von Reutter, o mestre de capela da Catedral de Santo Estevo en Viena, que estaba realizando unha viaxe polas provincias buscando novos talentos para o coro de nenos que o levara a visitar Hainburg. Haydn superou a súa audición ante Reutter, e en 1740 trasladouse a Viena, onde traballou durante os nove anos seguintes como corista. Posteriormente, en 1745, o seu irmán máis novo Michael tamén se incorporou como membro do coro.
Haydn viviu na Kapellhaus, ao carón da catedral, xunto con Reutter, a familia de Reutter, e outros nenos do coro.Wyn Jones (2009, 12–13) Foi instruído en latín e outras materias escolares, así como en canto, violín e teclado. Reutter foi de pouca axuda para Haydn nas áreas de teoría musical e composición, dándolle tan só dúas leccións na súa etapa como corista. Non obstante, como Santo Estevo era un dos principais centros musicais de Europa, Haydn foi capaz de aprender ao servir aos músicos profesionais que se encontraban alí.
Como Frankh antes que el, Reutter non sempre se aseguraba de que Haydn estivera alimentado de xeito correcto. Segundo afirmou posteriormente ao biógrafo Albert Christoph Dies, Haydn foi motivado para cantar moi ben, coa esperanza de conseguir máis invitacións para cantar ante audiencias de aristócratas, onde se adoitaban servir refrixerios para os cantantes.
miniatura|Catedral de Santo Estevo, Viena
Haydn como músico autónomo En 1749, Haydn madurara fisicamente ata o punto que non podía cantar máis as partes agudas das obras corais, a Emperatriz queixárase a Reutter do seu canto, chamándolle "canto".Dies (1810, 89) Un día, Haydn levou a cabo unha broma, cortando a coleta dun compañeiro seu do coro. Isto foi abondo para Reutter: Haydn foi golpeado cun pau, logo despedido e mandado á rúa sen casa a onde ir. Non obstante tivo a gran sorte de atoparse cun amigo, Johann Michael Spangler, con quen compartiu un cuarto no atestado faiado da súa familia durante uns meses. Haydn inmediatamente comezou a súa carreira como músico independente.
Durante eses tempos difíciles, Haydn exerceu diversos traballos: como profesor de música, como cantante de serenatas na rúa, e eventualmente, en 1752, como servente e acompañante do compositor italiano Nicola Porpora, de quen posteriormente diría que aprendeu "os verdadeiros fundamentos da composición". Tamén foi empregado do Conde Friedrich Wilhelm von Haugwitz, tocando o órgano na capela da Chancelería de Bohemia na Judenplatz.Rita Steblin, 'Haydns Orgeldienste "in der damaligen Gräfl. Haugwitzischen Kapelle"', en: Wiener Geschichtsblätter 65/2000, pp. 124–34.
Cando era corista, Haydn non recibiu unha formación seria en teoría da música e en composición, o que el percibiu como unha gran deficiencia. Para paliala, traballou nese sentido con exercicios de contrapunto sobre o texto Gradus ad Parnassum de Johann Joseph Fux, e estudou coidadosamente a obra de Carl Philipp Emanuel Bach, a quen posteriormente recoñecería como unha importante influencia.
Co aumento das súas habilidades, Haydn comezou a adquirir reputación pública, primeiro como compositor dunha ópera, Der krumme Teufel (O Demo coxo), escrita para o actor cómico Johann Joseph Felix Kurz, cuxo nome artístico era "Bernardon". A obra foi estreada con éxito en 1753, mais pronto foi retirada polos censores. Haydn tamén notou, aparentemente sen molestia, que as obras que dera sen recibir remuneración algunha foran publicadas e vendidas en tendas de música locais. Entre 1754 e 1756 Haydn tamén traballou como músico independente para a corte en Viena. Foi un dos músicos que foron pagados polos seus servizos como músicos de reforzo nos bailes ofrecidos aos nenos da corte imperial durante a tempada de entroido, e como cantante de reforzo na Hofkapelle (capela imperial) en Coresma e Semana Santa.Dexter Edge, 'New Sources for Haydn's Early Biography', documento de AMS Montréal, 7 de novembro de 1993, (ver The New Grove Dictionary of Music and Musicians (2001), vol. 11, p. 265).
Co incremento da súa reputación, Haydn obtivo eventualmente o mecenado dun aristócrata, algo crucial para a carreira dun compositor na época. A Condesa Thun,Varias persoas ostentaron o título de "Condesa de Thun" ao longo tempo. As candidatas que pode que foran as benefactoras de Haydn son (a) "a anciá Condesa Maria Christine Thun", (Webster, 2002); (b) Maria Wilhelmine Thun (máis tarde unha famosa anfitrioa de salón e patroa de Mozart), (Volkmar Braunbehrens, 1990, Mozart in Vienna). logo de ver unha composición de Haydn, chamouno e contratouno como o seu profesor de canto e teclado.Webster (2002, p. 8). Webster expresa as súas dúbidas, xa que a fonte é a primeira biografía de Nicolas-Étienne Framery, xulgada por Webster (2002, p. 1) a menos fiable dos primeiros biografos de Haydn. En 1756, o Barón Carl Josef Fürnberg contratou a Haydn para a súa herdade no campo, Weinzierl, onde o compositor compuxo os seus primeiros cuartetos de corda. Posteriormente Fürnberg recomendoulle ao Conde Morzin, quen, en 1757,Esta data é incerta, xa que a biografía temperá de Griesinger (1963) cita 1759. Para as probas que apoian esta data ver Landon & Jones (1988, p. 34) e Webster (2002, p. 10). se converteu no seu primeiro xefe a tempo completo.
Tras pasar polo servizo de varios grandes señores austríacos, en 1761 entrou na casa do príncipe Esterházy, onde realizaría a maior parte da súa carreira de compositor. Foi nestes anos (1762-1775) que por encomenda do príncipe Nikolaus escribiu 175 pezas para baritón, entre elas 126 tríos, sendo das poucas obras que hai escritas para este instrumento, que tanto el mesmo coma o príncipe tocaban. En 1790, cando era un célebre autor, o príncipe autorizouno a que puidese aceptar outros traballos, e froito disto apareceron obras coma as sinfonías de Londres ou de París.
Anos como Kapellmeister miniatura|Retrato de Haydn c. 1770 obra de Ludwig Guttenbrunn, realizado c. 1791–92. O título que ostentou Haydn na etapa na que traballou para o Conde Morzin foi o de Kapellmeister (mestre de capela), é dicir, director musical. Dirixiu a pequena orquestra do conde e compuxo as súas primeiras sinfonías para esta agrupación. En 1760, coa seguridade do posto de Kapellmeister, Haydn casou. O nome de solteira da súa muller era Maria Anna Aloysia Apollonia Keller (1729–1800), a irmá de Therese (n. 1733), de quen Haydn estivera anteriormente namorado. Haydn e a súa dona tiveron un matrimonio completamente infeliz, as leis da época non lles permitían separarse, polo que os dous tiveron amantes,O amante da Sra Haydn (1770) foi Ludwig Guttenbrunn, un artista que realizou o retrato de Haydn que se pode ver ao lado destas liñas (). Joseph Haydn tivo unha longa relación, que comezou en 1779, coa cantante Luigia Polzelli, e froi prováblemente o pai de fillo desta, Antonio (). e non tiveron fillos.
O Conde Morzin pronto tivo dificultades económicas que o obrigaron a disolver a súa compañía musical. Non obstante Haydn non tardou en recibiu unha oferta para un traballo similar (1761) polo Príncipe Paul Anton, cabeza da familia Esterházy, unha das máis ricas e influentes familias do Imperio austríaco que durante o inverno residía en Viena e que no verán se trasladaba a dous palacios da súa propiedade, un ao sur da capital e outro en Hungría. O posto de Haydn foi só de Vice-Kapellmeister, mais pronto foi posto ao cargo da meirande parte da produción musical dos Esterházy, co vello Kapellmeister, Gregor Werner, conservando a autoridade única para a música relixiosa. Cando Werner morreu en 1766, Haydn ascendeu ao posto de Kapellmeister.
esquerda|miniatura|Vista de Eszterháza.