A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo. Dende aquela a selección arxentina converteuse nun dos equipos máis exitosos do fútbol mundial, sendo campioa en dúas ocasións da Copa do Mundo de Fútbol. O seu primeiro título mundial chegou en 1978, no campionato celebrado no seu propio país, onde superou aos Países Baixos na final. En 1986, liderada por Diego Armando Maradona, considerado como un dos mellores xogadores na historia, a selección arxentina repetiu coroa mundial, despois de derrotar na final a Alemaña Occidental. Ademais, foi finalista noutras tres ocasións (1930, 1990 e 2014). A Arxentina é xunto ao Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copa América, lográndoo en quince ocasións. É tamén a selección que máis subcampionatos conseguiu na competición, nunhas catorce oportunidades.

En 1992, o equipo arxentino gañou a primeira edición da Copa Confederacións da FIFA, en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do torneo. Ademais, a Arxentina é a selección con máis títulos da Copa de Campións CONMEBOL–UEFA, que gañou en 1993 e 2022, diante de Dinamarca e Italia respectivamente.

Nos Xogos Olímpicos a selección arxentina obtivo dúas veces a medalla de ouro, en Atenas 2004 e Pequín 2008. Á súa vez, gañou a medalla de prata en 1928 e en 1996. O seleccionado xuvenil Sub-20 é o máximo campión da Copa Mundial da categoría, con 6 títulos en 1979, 1995, 1997, 2001, 2005 e 2007. Ademais foi finalista na edición de 1983. Arxentina e Francia son as únicas seleccións do mundo que gañaron a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos e a Copa Confederacións.

En marzo de 2007 o combinado arxentino alcanzou por primeira vez o posto un na clasificación da FIFA. Aquela mención duroulle só ese mes, aínda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificación ata xullo de 2008.

Historia miniatura|esquerda|A selección en 1964. Arxentina é unha das seleccións de fútbol con máis éxito do mundo, vencedora da Copa do Mundo de 1978 e da Copa do Mundo de 1986, quince Copas América, a Copa Confederacións 1992 e de dúas medallas de ouro olímpicas, a primeira nas Xogos Olímpicos de 2004 e a segunda en 2008. Sumando tódolos seus títulos oficiais organizados pola CONMEBOL e pola FIFA, Arxentina é a selección que máis títulos ten do mundo xunto coa de , aínda que considerando que noutras confederacións os títulos continentais xóganse en períodos moito máis amplos de tempo. Arxentina é unha das únicas seleccións do mundo en conquistar a "cuádrupla coroa", xa que gañou a Copa do Mundo, a Copa das Confederacións, a Copa América e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos. A outra selección en conseguir tal feito ao longo da historia é .

A albiceleste disputou cinco finais de Copa do Mundo. Na súa primeira final, en 1930, perderon por 4 a 2 contra . Os arxentinos non volverían a chegar a unha final até 1978 onde, esta vez si, conseguen o seu primeiro título ao vencer aos por 3 a 1. A curiosidade deste mundial foi o xeito de clasificarse á rolda eliminatoria final, Arxentina tiña que vencer por unha diferenza de catro goles para se clasificar, cando só metera dous até ese partido, e acabou vencendo por 6 a 0 con mérito para o pobre xogo que tivo nese partido , acabando ademais coa participación no mundial de . A selección arxentina tamén gañou en 1986, nunha campaña con vitorias sobre tradicionais seleccións como (oitavos de final), (cuartos de final, no partido no que Maradona anotou o seu coñecido gol coa man), en semifinais e Alemaña Occidental (final). Volveu acadar a final catro anos despois, en 1990, cando perdeu por 1 a 0 de novo contra Alemaña Occidental. A continuación tivo que esperar 24 anos para volver disputar unha final dun Mundial, conseguíndoo no campionato celebrado en 2014 no Brasil, onde o conxunto liderado no campo por Lionel Messi, chegou ata o partido decisivo no Maracanã, caendo pola mínima ante Alemaña.

En canto a outras competicións internacionais, a Arxentina é, xunto coa selección do Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copas América na historia, vencéndoa quince veces, alén dos campionatos Suramericanos "extras" en 1941, 1945 e 1946. En canto aos Xogos Olímpicos, no ano 2004, Arxentina gañou a súa primeira medalla dourada da súa historia: venceron tódolos partidos, tiveron o mellor ataque da competición e non recibiron nin un só un gol. Alén da medalla de ouro, aínda tiveron o máximo goleador do campionato, Carlos Tévez, con nove goles. Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, a selección albiceleste volveu a conquistar a medalla de ouro de novo sen coñecer a derrota. En cuartos de final bateu aos (2 a 1), en semifinais gañou a un dos seus clásicos rivais, (3 a 0) e na final derrotou a por 1 a 0. A selección arxentina ten tamén dúas medallas de prata obtidas nos Xogos Olímpicos de 1928 e nos de 1996.

Uniforme O uniforme oficial da selección axentina componse dunha camiseta de franxas brancas e celestes (de aí o alcume que recibe a selección: La Albiceleste), pantalón negro raias brancas e medias brancas con raias celestes. O uniforme oficial alternativo componse de camiseta e medias azul e pantalóns brancos.

Galería de camisetas

<center> <center>

PeríodoMarca1973-1979Adidas1980-1988Le Coq Sportif1989-1998Adidas1999-2001ReebokDende 2001Adidas

Resultados

Copa Mundial de Fútbol Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Uruguai 1930 Subcampión 2° 5 4 0 1 18 9 border|20px|Italia Italia 1934 Primeira fase 9° 1 0 0 1 2 3 Francia 1938Non participou border|20px|Brasil Brasil 1950 Suíza 1954 Suecia 1958 Primeira fase 13° 3 1 0 2 5 10 Chile 1962 Primeira fase 10° 3 1 1 1 2 3 Inglaterra 1966 Cuartos de final 5° 4 2 1 1 4 2 México 1970Non clasificado Alemaña 1974 Segunda fase 8° 6 1 2 3 9 12 Arxentina 1978 Campión 1° 7 5 1 1 15 4 España 1982 Segunda fase 11° 5 2 0 3 8 7 México 1986 Campión 1° 7 6 1 0 14 5 Italia 1990 Subcampión 2° 7 2 3 2 5 4 Estados Unidos 1994 Oitavos de final 10° 4 2 0 2 8 6 Francia 1998 Cuartos de final 10° 4 2 0 2 8 6 Corea/Xapón 2002 Primeira fase 18° 3 1 1 1 2 2 Alemaña 2006 Cuartos de final 6° 6 3 2 0 11 3 Suráfrica 2010 Cuartos de final 5° 5 4 0 1 10 6 Brasil 2014 Subcampión 2° 7 5 1 1 8 4 Rusia 2018 Oitavos de final 16° 4 1 1 2 6 9 Total - 4°7037132012380

Copa América Copa América1916 Final - 2º lugar1917 Final - 2º lugar1919 3º lugar1920 Final - 2º lugar1921 15px Campión1922 4º lugar1923 Final - 2º lugar1924 Final - 2º lugar1925 15px Campión1926 Final - 2º lugar1927 15px Campión1929 15px Campión1935 Final - 2º lugar1937 15px Campión1939 Retirouse1941 15px Campión1942 Final - 2º lugar1945 15px Campión1946 15px Campión1947 15px Campión1949 Retirouse1953 Retirouse1955 15px Campión1956 3º lugar1957 15px Campión1959 15px Campión1959 Final - 2º lugar1963 3º lugar1967 Final - 2º lugar1975 Primeira Rolda1979 Primeira Rolda1983 Primeira Rolda1987 4º lugar1989 3º lugar1991 15px Campión1993 15px Campión1995 Cuartos de final1997 Cuartos de final1999 Cuartos de final2001 Retirouse2004 2º lugar2007 2º lugar2011 Cuartos de final2015 2° lugar2016 2° lugar2019 3° lugar2021 15px Campión Táboa xeral: 1º postoPXPGPEPPGFGCDifRend2021274233474182+29262,87%

Xogadores Máis partidos disputados Actualizado a 6 de xuño de 2022. miniatura|210px|Javier Zanetti, terceiro futbolista con máis partidos. #NomePeríodoPartidosGoles1Lionel Messi2005-2026162862Javier Mascherano1995-200764353Javier Zanetti1994-201114754Ángel Di María2008-2026122255Roberto Ayala1994-200711576Diego Simeone1988-2002106117Sergio Agüero2006-2021101418Oscar Ruggeri1983-19949779Sergio Romero2009-201896010Diego Maradona1977-1994913411Nicolás Otamendi2009-202691412Ariel Ortega1993-2010881713Gabriel Batistuta1991-2002785614Juan Pablo Sorín1995-2006751115Carlos Tévez2004-20157613

Máximos goleadores da selección Actualizado a 6 de xuño de 2022.Goalscoring for Argentina National Team miniatura|dereita|Lionel Messi, máximo goleador da Selección Arxentina. #XogadorPeríodoGoles PartidosMedia1Lionel Messi2005-2026861620,522Gabriel Batistuta1991-200256780,723Sergio Agüero2006-2026421010,414Hernán Crespo1995-200735640,555Diego Maradona1977-199434910,376Gonzalo Higuaín2009-201831750,417Ángel Di María2008-2026251220,208Luis Artime1961-196724640,389Daniel Passarella1976-198623700,3310Leopoldo Luque1975-198122450,4911Herminio Masantonio1935-194221191,11José Sanfilippo1956-196221280,7513Mario Kempes1973-198220430,47Lautaro Martínez1942-194720380,5315René Pontoni1942-194719191Norberto Méndez1945-195619310,61José Manuel Moreno1936-195019340,56

Adestradores miniatura|dereita|Jorge Sampaoli, adestrador da selección arxentina entre 2017 e 2018. 1924–1925 Angel Vázquez 1927–1928 José Lago Millán 1928–1929 Francisco Olazar 1929–1930 Olazar / Tramutola 1934–1934 Felipe Pascucci 1934–1937 Manuel Seoane 1937–1939 Ángel Fernández Roca 1939–1960 Guillermo Stábile 1960–1961 Victorio Spinetto 1961–1961 José D'Amico 1962–1963 Juan Carlos Lorenzo 1963–1963 Alejandro Galán 1963–1964 Horacio Amable Torres 1964–1968 José María Minella 1968–1968 Renato Cesarini 1968–1969 Humberto Dionisio Maschio 1969–1969 Adolfo Pedernera 1969–1972 Juan José Pizzuti 1972–1974 Enrique Omar Sívori 1974–1974 Cap / Varacka 1974–1983 César Luis Menotti 1983–1990 Carlos Bilardo 1990–1994 Alfio Basile 1994–1998 Daniel Passarella 1998–2004 Marcelo Bielsa 2004–2006 José Pekerman 2006–2008 Alfio Basile 2008–2010 Diego Maradona 2010–2011 Sergio Batista 2011–2014 Alejandro Sabella 2014-2016 Gerardo Martino 2016-2017 Edgardo Bauza 2017-2018 Jorge Sampaoli 2018-2026 Lionel Scaloni

Palmarés

Copa do Mundo (2): 1978, 1986, 2022 Copa América (15): 1921, 1925, 1927, 1929, 1937, 1941, 1945, 1946, 1947, 1955, 1957, 1959, 1991, 1993, 2021, 2024. Campionato Panamericano (1): 1960. Copa Confederacións (1): 1992. Copa de Campións CONMEBOL–UEFA (2): 1993, 2022.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Asociación do Fútbol Arxentino Mundial de Fútbol Arxentina 1978 Mundial de Fútbol México 1986

Ligazóns externas Sitio web oficial da Asociación do Fútbol Arxentino Arquivo de resultados 1901-2002 Arquivo de resultados dende 1999 Máximos partidos xogados e goleadores da selección