Delaware é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado en Nova Inglaterra na rexión Sur do país. Delaware é o segundo estado máis pequeno en extensión territorial, tan só por diante de Rhode Island. Delaware é tamén o sexto estado menos poboado do país, só Dacota do Sur, Alasca, Dacota do Norte, Vermont e Wyoming contan con menos habitantes.
A pesar da súa pequena extensión territorial, Delaware é un gran centro financeiro. Máis de 200 mil empresas e compañías teñen a súa sede no estado. Isto sucede grazas á leis estatais que conceden beneficios fiscais ás empresas que deciden instalar as súas sedes no estado, atraendo ata a moitas compañías que operan principalmente fóra de Delaware. Este feito deu ao estado o alcume de The Land of Free-Tax Shopping. Por iso, Delaware é tamén un dos maiores centros bancarios dos Estados Unidos. Delaware tamén posúe unha forte industria petroquímica.
Delaware foi inicialmente colonizado polos neerlandeses e polos suecos. Era tamén unha das Trece Colonias do Reino Unido. Logo da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, Delaware foi o primeiro estado americano en ratificar a Constitución americana, o 7 de decembro de 1787. Por iso, o estado é coñecido nacionalmente como The First State (O Primeiro Estado). O nome do estado provén do río Delaware, pois se localiza ás marxes deste río e o seu estuario, a baía de Delaware. A orixe do nome Delaware, pola súa banda, provén de Thomas West Terceiro, Barón De La Warr, que foi gobernador de Virxinia entre 1610 e 1618.
Historia Ata 1787
A rexión que constitúe actualmente o estado americano de Delaware estaba habitado, antes da chegada dos primeiros exploradores europeos á rexión, por dúas tribos de nativos americanos pertencentes á familia ameríndia dos algonquinos: os delaware, ao longo do val do río Delaware, e os Nanticoke, ao longo dos ríos que desembocan na baía de Chesapeake. Os delaware eran unha tribo sedentaria, que vivían da caza e da agricultura.
O primeiro europeo en descubrir Delaware foi o explorador inglés Henry Hudson, en 1609, que navegou polo interior da baía de Delaware. Os holandeses foron os primeiros europeos en intentar poboar a rexión do actual Delaware. A primeira tentativa ocorreu en 1631, nun forte chamado de Zwaanendael, próximo ao actual Lewes. Con todo as desavinzas cos nativos da rexión acabaron, ao ano seguinte, co masacre de tódolos neerlandeses de Zwaanendael o ano seguinte, e a queima do forte. En 1638, os suecos fundaron Nova Suecia, na rexión do actual Delaware. O primeiro asentamento sueco na nova colonia foi Fort Christina, actual Wilmington. Case de inmediato producíronse conflitos entre os suecos e os holandeses, ambos reivindicando a posesión da rexión. Os holandeses, liderados por Peter Stuyvesant, expulsarían aos suecos da rexión en 1655, incorporando á colonia sueca os Novos Países Baixos. Con todo, nove anos despois, en 1664, unha expedición inglesa, liderada por James, Duque de York, expulsaría os aos neerlandeses da rexión. Maryland, entón administrada por Cæcilius Calvert, e Pensilvania, administrada por William Penn (que quería a rexión para que Pensilvania puidese ter un acceso directo ao océano Atlántico), inmediatamente reivindicaron dereitos sobre a rexión. A posesión de Delaware outorgóuselle a Pensilvania en 1682.
William Penn organizou Delaware en tres condados: Kent, Newcastle e Sussex. O resto de Pensilvania tamén foi dividida en tres condados diferentes. Tanto a rexión de Delaware como o resto de Pensilvania posuían o mesmo número de representantes no goberno de Pensilvania. Con todo, a medida que a poboación desta última foi crecendo por encima da poboación de Delaware, foron engadidos máis condados. Mentres tanto, Delaware permanecía con pouco crecemento de poboación, cos tres condados, chamados Lower Counties (Condados Menores). A rexión de Delaware, así, foi perdendo representación no goberno de Pensilvania. A poboación de Delaware pediu a William Penn permiso para a creación dun Lexislativo rexional, petición que foi aceptada. Delaware fundou o seu Lexislativo en 1704, aínda que continuou sendo gobernada polo gobernador de Pensilvania, ata o inicio da Revolución Americana de 1776.
Delaware reaccionou fortemente contra actos impostos polos británicos despois do fin da Guerra Franco-Indíxena, en 1754, con diversos políticos da rexión criticando duramente aos británicos, entre eles, Thomas McKean. Este, xuntamente con Caesar Rodney, convenceron a Asemblea Xeral de Delaware a declarar a súa independencia do Reino Unido, e polo tanto, de Pensilvania, o 15 de xuño de 1776.
En 1776, no inicio da Revolución Americana, oficiais dos tres condados de Delaware reuníronse en New Castle, con obxecto de organizar un goberno estatal. Creouse o estado, e o nome Delaware, que xa era amplamente utilizado para designar a rexión, foi adoptado con carácter oficial. O mesmo ano, Delaware adoptou a súa primeira Constitución, con John McKinly como o seu primeiro gobernador.
O único conflito armado entre americanos e británicos que ocorreu exclusivamente dentro de Delaware foi rexistrado nunha ponte. Crese que a bandeira dos Estados Unidos (Stars and Stripes) foi izada en batalla por primeira vez neste conflito. Delaware foi escenario de só unha batalla durante a guerra de independencia, a Batalla de Brandywine, o 11 de setembro de 1777, en Delaware e no Condado de Delaware, Pensilvania, onde tropas americanas intentaron impedir sen éxito que tropas británicas continuasen o seu avance contra Filadelfia. O día seguinte, os británicos ocuparon Wilmington, apresaron a John McKinly, e ocuparon a cidade durante un mes, aínda que mantivesen o control do río Delaware durante a maior parte do resto da guerra, entorpecendo o comercio do estado, e incentivando a colonos leais aos británicos, especialmente no Condado de Sussex, realizando diversos actos de sabotaxe e ataques contra tropas e milicias americanas. Diversos ataques militares realizados polo segundo gobernador de Delaware, Caesar Rodney, mantiveron aos colonos leais aos británicos baixo control.
O 22 de febreiro de 1779, Delaware ratificou os Artigos da Confederación. Sete anos despois, o 7 de decembro de 1787, Delaware ratificou a Constitución dos Estados Unidos de América, sendo así o primeiro estado americano en facelo e, xa que logo, oficialmente o primeiro Estado da Unión.
1787 - Actualidade 250px|dereita|miniatura|Newcastle, en 1936. Delaware, localizado na fronteira entre as Rexións Norte e Sur dos Estados Unidos, posuía características de ambos. Tal como os Estados do Norte, Delaware posuía unha economía baseada principalmente no comercio, e cunha industria, como a produción de produtos químicos e o refinado de trigo, en rápida expansión. Con todo, a proximidade co estado escravista de Maryland - onde o uso de escravos era común nas facendas de tabaco do estado - fixo que o uso de man de obra escrava fixésese común en Delaware. O pouco uso destes escravos fixeron con moitos donos liberasen aos seus escravos. En 1860, Delaware posuía unha poboación de, aproximadamente, 90 mil habitantes, dos cales 1,8 mil eran escravos, e 20 mil eran afroamericanos libres.
En 1861, comezou a Guerra Civil Estadounidense. Delaware decidiu permanecer na Unión. Con todo, boa parte da poboación do estado simpatizaba coa Confederación, crendo que os estados posuían o dereito de separarse da Unión se quixesen. A Procamación de Emancipación de 1863 abolía a escravitude nos Estados Unidos, aínda que non nos estados que permaneceran na Unión (Delaware e Maryland). En 1865, despois do final da Guerra Civil, a décimo terceira emenda á Constitución americana aboliu oficialmente o uso do traballo escravo no estado. Delaware intentou continuar co uso do traballo escravo logo da Guerra Civil, pero sen éxito.
Logo da guerra, Delaware entrou nunha fase de prosperidade económica. Foron construídas liñas ferroviarias, o sector agrícola do estado prosperou, e Delaware entrou nunha fase de rápida industrialización. En 1897, Delaware adoptou a súa actual Constitución. A fase de prosperidade económica durou ata a Gran Depresión da década de 1930. A Gran Depresión causou unha gran recesión económica no estado, causando endebedamento, suspensión de pagos e peche de fábricas e institucións comerciais, desemprego e miseria. Estes efectos irían diminuíndo ao longo do final da década, grazas a medidas socio-económicas, tales como programas de asistencia e programas públicos de axuda. A segunda guerra mundial acabou coa recesión económica, e Delaware continuaría industralizándose rapidamente, con diversas empresas petroquímicas abrindo fábricas no estado, ata a década de 1960.
En 1980, unha nova emenda á Constitución de Delaware limitou os gastos do goberno, que non poderían superar o 95% do orzamento do goberno. En 1981, o Financial Center Development Act foi aprobado, en resposta á caída do crecemento económico de Delaware durante o final da década de 1970. O acto diminuíu sensiblemente a regulación de impostos do estado ás empresas financeiras, en canto aos intereses que as empresas poderían cobrar dos seus clientes. Isto atraeu varias institucións financeiras a Delaware, que se instalaron principalmente en Wilmington. Isto xerou un gran número de postos de traballo, mantendo baixa a taxa de desemprego do estado, os gastos dedicados á asistencia social dos necesitados, e mantivo alto o crecemento da poboación do estado. Con máis renda xerada a través de impostos (principalmente polo imposto sobre a renda nunha poboación en rápido crecemento), o goberno de Delaware diminuíu na década de 1980 o imposto sobre a renda estatal catro veces, sen prexudicar o orzamento do goberno. O turismo tamén se converteu nunha crecente e importante fonte de renda do estado durante a década de 1980.
Xeografía 250px|dereita|miniatura|Mapa de Delaware. 250px|dereita|miniatura|Vista do río Delaware. Delaware limita ao norte con Pensilvania, ao sur e ao oeste con Maryland, ao leste coa baía de Delaware, que fai de fronteira con Nova Jersey, e ao sueste co océano Atlántico. O litoral de Delaware ao longo do océano Atlántico posúe preto de 45 quilómetros de longo, que aumentan a 613 quilómetros, se contamos o litoral formado por esteiros, baías e illas costeiras. A fronteira de Delaware con Pensilvania é a única fronteira entre dous estados nos Estados Unidos que posúe forma de arco, e é coñecido como Twelve Mile Circle (Círculo de Doce Millas).
Delaware, xunto con parte do litoral de Maryland e dous condados de Virxinia, forman a Península de Delmarva, abreviatura do nome dos estados que a forman: Delaware, Maryland e Virginia. A Península de Delmarva nun interesante accidente xeográfico que se sitúa entre as baías de Delaware e Chesapeake. O río Delaware é o maior e o máis importante do estado. Outros ríos importantes son o Christina e o Brandywine. O Christina permite a navegación de grandes navíos ata Wilmington, e de pequenos navíos ata Newport. Tódolos ríos que atravesan Delaware desembocan no océano Atlántico. Delaware posúe preto de 50 lagos e os bosques cobren aproximadamente o 30% do estado.
Delaware pode ser dividido en dúas rexións xeográficas distintas:
As Chairas Costeiras do Atlántico ocupan a maior parte de Delaware. O terreo desta rexión é chairo, pouco accidentado, areoso e de baixa altitude, raramente supera os 25 metros de altitude. O Piemonte é unha pequena franxa de terra localizada no extremo norte do estado, que non ten máis que 15 quilómetros de longo. Esta rexión caracterízase polo seu terreo accidentado, con fértiles vales. O Piemonte é a rexión de maior altitude do estado. O punto máis elevado de Delaware, que só se eleva 137 metros sobre o nivel do mar, localízase nesta rexión.
Clima