José Luis Castillo-Puche y Moreno, nado en Yecla, Murcia en 1919, finado en Madrid o 2 de febreiro de 2004, foi un escritor español. Destacou como escritor de novelas, de contos e de ensaios.

Traxectoria Foi director de "Mundo Hispánico" e da "Editorial Nacional", ademais de asesor do Director Xeral de RTVE e profesor da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense. De familia acomodada, en 1929 ingresou nun seminario, durante a guerra civil alistouse no bando republicano, aínda que non chegou a combater. Acabada a contenda, regresa aos seus estudos eclesiástico até 1943, que deixa a carreira sacerdotal para estudar xornalismo. Empezou a súa carreira literaria con novelas curtas publicadas en diarios, e como periodista obtén un premio nacional de periodismo polo seu artigo España, escándalo y locura. Consegue o Premio Nacional de Narrativa en 1954 con Con la muerte al hombro, repetindo en 1982 con Conocerás el poso de la nada. Tamén publicou obras biográficas (Lozano: una mística del paisaje, 1980).

Obras

1953 Memorias íntimas de Aviraneta ou Manual del Conspirador (Ensaio histórico-literario) 1954 Con la muerte al hombro (Premio nacional de narrativa) 1956 El vengador 1957 Hicieron partes 1959 América de cabo a rabo (Libro de viaxes) 1960 Diario íntimo de Alfonso XIII (Ensaio histórico) 1961 El Congo estrena libertad (Libro de viaxes) 1963 Paralelo 40 1971 Como ovejas al matadero 1974 Hemingway in Spain (EUA) 1977 El libro de las visiones y apariciones 1979 El amargo sabor de la retama 1980 Los murciélagos no son pájaros 1980 El perro loco 1980 Lozano una mística del paisaje (Obra biográfica) 1981 El leproso y otras narraciones 1982 Conocerás el poso de la nada (Premio nacional de narrativa) 1983 Sin camino 1989 El pequeño mundo de Pascualito 1992 Hemingway: Algunas claves de su vida y de su obra 1995 Escuela de detectives

Categoría:Escritores da Rexión de Murcia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Premio Nacional de Narrativa de España Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Yecla