A Copa Mundial da FIFA 1978 foi a edición número once do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte."FIFA World Cup. Host Announcement Decision ". FIFA. (En inglés) O torneo, organizado pola Arxentina, disputouse no mes de xuño de 1978, entre os días 1 e 25. A campioa foi a selección anfitrioa, que bateu por 1 a 3 aos Países Baixos na final, conseguindo así o seu primeiro título."A 30 años del oscuro mundial Argentina '78". En DiarioUno.com.ar. 31 de maio de 2008. (En castelán)

Sedes En 1972 preseleccionáronse oito subsedes, que resultaron ser as que se constituíron en sedes en 1978, ademais de La Plata e Tucumán, que foron rexeitadas. A cidade de La Plata prometera un "estadio único", pero para 1974 a súa candidatura foi descartada por liortas internas; de feito, o Estadio Ciudad de La Plata non se rematou ata 2003. No caso de Tucumán, prometérase un ambicioso estadio de 70.000 espectadores en Horco Molle, de formas similares ao actual estadio do Racing Club de Avellaneda, co teito incluído; en 1974, a subsede de Tucumán foi "conxelada" e en 1975 descartouse definitivamente, por mor da intensidade das accións da guerrilla e dos grupos armados na provincia.

Finalmente, as cidades elixidas para xogar os partidos do Mundial foron: Buenos Aires, Rosario, Córdoba, Mar del Plata e Mendoza. Para isto investiuse en mellorar a infraestrutura dos estadios existentes e na construción de tres nvos estadios consonte as esixencias da FIFA. Remodeláronse o Monumental e o José Amalfitani en Buenos Aires, e o Gigante de Arroyito en Rosario.​ Construíronse os estadios Chateau Carreras (posteriormente rebautizado Mario Alberto Kempes), Ciudad de Mendoza e José María Minella.

Equipos participantes Para fase final do torneo clasificáronse 16 das 103 seleccións que participaron na etapa clasificatoria: tres pola Conmebol (contando a Arxentina, que se clasificou directamente por ser o anfitrión), nove pola UEFA, un pola CAF, un pola CONCACAF e un pola AFC e a OFC. Destes 16, dous eran debutantes na competición: Irán e Tunisia.

Sorteo e grupos O 14 de xaneiro de 1978 realizouse o sorteo no Centro Cultural General San Martín. Para isto determináronse catro cabezas de serie (as seleccións da Arxentina, Brasil, Alemaña Federal e os Países Baixos) para se distribuír en catro grupos:​ Arxentina no grupo 1, Alemaña Federal no grupo 2, Brasil no grupo 3 e os Países Baixos no 4."Historia del sorteo final de la Copa Mundial de la FIFA ". (En castelán)​ Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 (anfitrión) (defensor do título) (segundo en 1974)20px España20px Irán

Resultados Fase de grupos Grupo 1 SelecciónsPtsXGEPGFGCDG6330062+44320143+1231025500300338-5

Grupo 2 SelecciónsPtsXGEPGFGCDG5321041+34312060+63311132+103003212-10

Grupo 3 SelecciónsPtsXGEPGFGCDG4320132+14312021+120px España331112201301213-2

Grupo 4 SelecciónsPtsXGEPGFGCDG5321072+53311153+23311156-120px Irán1301228-6

Segunda rolda Grupo A SelecciónsPtsXGEPGFGCDG5321094+5331112202302145-12310248-4

Grupo B SelecciónsPtsXGEPGFGCDG5321080+85321061+52310225-303003010-10

Terceiro posto 24. Xuño 1978, 15 Hueras en Buenos Aires - 2:1 (0:1)

Final 25. Xuño 1978, 15 Hueras en Buenos Aires - 1:3 (a.e.t.) (1:1, 0:2)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Copa Mundial de la FIFA Argentina 1978". na web oficial da FIFA (En castelán) "Mundial 1978: los datos". En UniversoFutbol.com. (En castelán)

*