Fernando Álvaro Lamas, nado en Buenos Aires o 9 de xaneiro de 1915 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de outubro de 1982, foi un actor e director arxentino que desenvolveu a súa carreira en Estados Unidos. É pai do actor estadounidense Lorenzo Lamas.
Traxectoria Naceu en Buenos Aires, sendo neto de inmigrantes galegos, e en 1942 xa era coñecido no ambiente cinematográfico arxentino. En 1951 asina un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer e múdase a Hollywood para actuar en papeis de "Latin Lover".
Lamas dirixiu por primeira vez en 1963. Foi un filme en castelán titulado Magic Fountain, coa estrela (a súa dona) Esther Williams. Foi moi activo como director de televisión, gravando episodios de Mannix, The Violent Ones, Alias Smith and Jones, Starsky and Hutch. Na serie Falcon Crest, onde participaba seu fillo Lorenzo, actuou xunta del.
Lamas fíxose popular polo personaxe "Fernando", creado por Billy Crystal en Saturday Night Live a mediados da década de 1980, un personaxe sobreactuado e esaxerado, pero moi exitoso.
Faleceu por mor dun cancro de páncreas nos Ánxeles aos 67 anos de idade.
Vida persoal Lamas casou catro veces, con Pearl Mux (de 1940 até 1944), Lydia Babacci (1946 - 1952), coa actriz Arlene Dahl (1954 - 1960) e coa nadadora e actriz Esther Williams (1969 - 1982).
Tivo unha filla, Maria Cristina, con Mux e outra, Alejandra, con Babacci, e un fillo, o actor Lorenzo Lamas (nado o 20 de xaneiro, 1958), con Dahl.
Notas
Categoría:Actores de televisión da Arxentina Categoría:Directores de cinema da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Finados por cancro de páncreas Categoría:Arxentinos de ascendencia galega