O Sporting Clube de Portugal é un club polideportivo da cidade de Lisboa, en Portugal. Fundado o 1 de xullo de 1906, o seu equipo de fútbol xoga na Primeira Liga.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta a franxas horizontais verdes e brancas, pantalón negro, medias a franxas horizontais verdes e brancas. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias verdes.

Estadio

O Estadio José Alvalade é un estadio de fútbol situado no complexo deportivo «Alvalade XXI» situado en Lisboa, capital de Portugal. O nome de José Alvalade é en honra ao Vizconde de Alvalade, un dos fundadores do Sporting Clube de Portugal, club dono do estadio.

A súa clasificación como "estadio de 5 estrelas" por parte da UEFA permítelle albergar as finais dos principais torneos de fútbol en Europa.

Pavillón

O Pavilhão João Rocha é o pavillón polideportivo do club, situado en Lisboa, capital de Portugal. O nome do pavillón é en honra a João Rocha, expresidente do club, que estivo no cargo desde setembro de 1973 ata outubro de 1986.

Museo

O Sporting Clube de Portugal ten máis de 16.000 Copas no seu Museo.

Palmarés Torneos nacionais

Primeira Liga (21): 1940–41, 1943–44, 1946–47, 1947–48, 1948–49, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1953–54, 1957–58, 1961–62, 1965–66, 1969–70, 1973–74, 1979–80, 1981–82, 1999–00, 2001–02, 2020–21, 2023–24, 2024–25. Campionato de Portugal (4): 1922-23, 1933-34, 1935-36, 1937-38. Copa de Portugal (15): 1940-41, 1944-45, 1945-46, 1947-48, 1953-54, 1962-63, 1970-71, 1972-73, 1973-74, 1977-78, 1981-82, 1994-95, 2001-02, 2006-07, 2007-08 Supercopa de Portugal (7): 1981-82, 1986-87, 1994-95, 1999-00, 2001-02, 2007-08, 2008-09. Copa de Honra (29) Copa da Liga (1): 2017-18 Campionato de Lisboa (19) Campionato de Reservas (42) Subcampión da Copa da Liga (2): 2007-08, 2008-09. Academia de Júniores, Escolas e Iniciados con 39 Copas de Portugal Torneos internacionais Recopa de Europa (1): 1963-64. Copa Intertoto (1): 1967 Copa Ibérica (1): 2000 Subcampión da Copa Latina (1): 1948 Subcampión da Copa Uefa''' (1): 2005

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web oficial Historia do Sporting

Categoría:Sporting Clube de Portugal