A Unión para o Mediterráneo, coñecida oficialmente polo seu nome completo de: Proceso de Barcelona: Unión polo Mediterráneo (BP:UfM)Barcelona Process: Union for the Mediterranean: Ministers meet in Marseille to endorse its working modalities and to agree priorities for 2009 e previamente coñecida como Unión Mediterránea, é un organismo fundado o 13 de xullo de 2008 polo Presidente de Francia Nicolas Sarkozy. É unha nova formulación da "Asociación do Euromediterráneo" (dende 1995) ou "Proceso de Barcelona".
A Unión para o Mediterráneo xorde dun programa de colaboración e desenvolvemento de relacións internacionais que agrupa a 43 países e a máis de 756 millóns de cidadáns de todos os estados membros da Unión Europea e Estados norteafricanos e de Oriente Medio do ámbito mediterráneo, membros á súa vez da Liga Árabe, incluíndo particularmente ao Estado de Israel. A UPM organízase ao redor dunha Secretaría Xeral e cinco Vicesecretarías, sendo a cidade de Barcelona a súa sede designada.
Notas
Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Mar Mediterráneo