Candido Amantini, nado en Bagnolo di Santa Fiora en 1914 e finado en Roma en 1992, foi un sacerdote católico e exorcista italiano.

Traxectoria Ensinou Sagradas Escrituras e teoloxía moral e escribiu Il Mistero di Maria, sobre a Virxe María. Entre 1950 e 1986 foi o exorcista oficial do Vaticano e da diocese de Roma, o seu discípulo, Gabriele Amorth sucedeuno no posto cando se retirou.

Categoría:Sacerdotes católicos de Italia Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados na provincia de Grosseto