As rectas de regresión son as rectas que mellor se axustan á nube de puntos (tamén chamada diagrama de dispersión) xerada por unha distribución binomial.
Características Matematicamente, son posibles dúas rectas de máximo axuste:Apunte sobre Rectas de regresión. Ministerio de Educación y Ciencia. Gobierno de España.
A recta de regresión de Y sobre X:
A recta de regresión de X sobre Y:
A correlación ("r") das rectas determinará a calidade do axuste. Se r é próximo ou igual a 1, o axuste será bo; se r é próximo ou igual a 0, tratarase dun axuste malo.
Posición de dúas rectas de regresión Dependendo da correlación das rectas estas terán unha determinada posición relativa entre elas:
Cando a correlación é case nula, as dúas rectas forman un ángulo moi grande (próximo a 90º). Se a correlación é forte, o ángulo que forman as dúas rectas é pequeno. Se /r/ é próximo a 1, as rectas serán case coincidentes.
A intersección das dúas rectas é un punto chamado centro de gravidade da distribución.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Devore, Jay L.; Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. International Thomson Editores. México. ISBN 970-686-457-1. Walpole, Ronald E.; Raymond H.; Myers, Sharon L.; Probabilidad y Estadística para Ingenieros. Pretice-Hall Hispanoamericana, S.A. México. ISBN 970-17-0264-6. Canavos, George C.; Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. McGraw-Hill. México. ISBN 968-451-856-0. Outros artigos Regresión linear
Categoría:Estatística