Adam Carter (A-Plus), nado en Denver (Colorado) o 10 de maio de 1974, é un rapeiro e produtor estadounidense. É un dos catro membros do grupo Souls of Mischief e, polo tanto, tamén parte do colectivo Hieroglyphics.

Biografía Naceu no seo dunha familia de inmigrantes xamaicanos. Aos 5 anos múdase coa familia a Oakland (California), onde coñeceu nun futuro ao resto dos membros do seu grupo.

En 2005, A-Plus lanza un álbum de remixes titulado Pleemix, Vol. 1, mediante a discográfica Hieroglyphics Imperium Recordings.

O día 1 de maio de 2007 edita o seu primeiro disco en solitario titulado My Last Good Deed, tamén mediante Hieroglyphics Imperium Recordings. O primeiro single do seu debut en solitario titúlase "Patna Please".

Discografía En solitario Pleemix, Vol. 1 (2005) [Álbum de remixes] My Last Good Deed (2007)

Véxase tamén Ligazóns externas All Music Guide Biografía Souls of Mischief MySpace

Categoría:Nados en Denver, Colorado Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades do hip hop Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América