Whores Moaning é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado en febreiro de 1993 a través do selo Geffen Records. Lanzouse exclusivamente en Australia coincidindo coas datas da xira nese país e Nova Zelandia. O seu nome fai referencia ao EP que Nirvana lanzou un ano antes tamén na súa xira australiana e titulado Hormoaning.
A súa portada é unha fotocopia dunha das bonecas de Kurt Cobain feitas polo director de vídeos Kevin Kerslake. Na contraportada aparece un debuxo de Cobain.
Lista de cancións "Sugar Kane"(edit) - 5:03 "Personality Crisis" - 3:50 "The End Of The End Of The Ugly" - 4:12 "Is It My Body" - 2:53 "Tamra" - 8:53
Categoría:EPs de Sonic Youth Categoría:EPs musicais de 1993 Categoría:Álbums producidos por Butch Vig