miniatura|Boteiro de Viana do Bolo.miniatura|Detalle das esquilas e da camiseta dun boteiro de Viana do Bolo.O boteiro é un personaxe do folclore de Galiza vinculado ás festas do Entroido da comarca vianesa; está presente nos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña. Agora ben, segundo a zona de procedencia, a súa vestimenta e comportamentos mudan.
Características A diferenza máis evidente entre os boteiros de Vilariño de Conso e os de Viana do Bolo está na careta.
A máscara de Vilariño está feita con pel de cabra ou de cartón, de cor rosa, e leva barba e bigote; en cambio, a vianesa é tallada en madeira de bidueiro e de cor negra.As caras do entroido ourensán, ed. Deputación de Ourense, p. 232 A pantalla da de Vilariño adoita ser cadrada e de cartón, mentres que a de Viana está feita sobre un armazón de ferro recuberto por papel de seda de cores.
O traxe está composto por:As caras do entroido ourensán, ed. Deputación de Ourense, p. 223 Unha camiseta de cores feita con fitas cosidas pregadas en acordeón Camisa branca e gravata Luvas Un pantalón con flocos nos laterais Un cinto con esquilas As legues, polainas de coiro, negras Unhas botas negras A monca, un pau coroado por un rabo de raposo ou por unha borla, que o boteiro emprega a modo de pértega para dar saltos. Funcións O boteiro é o líder da comitiva de entrudio coñecida como folión. As súas funcións, a maiores de dar botes e carreiras como forma de animación, son: Pedir permiso na entrada das aldeas visitadas. Abrir paso entre a multitude ó folión. Notas
Véxase tamén Outros artigos Peliqueiro Cigarrón Xenerais da Ulla Entroido Museo Galego do Entroido Entroido de Vilariño de Conso Entroido de Viana do Bolo
Ligazóns externas O Entroido de Vilariño de Conso Entrudio de Viana do Bolo (web oficial do concello de Viana do Bolo) Historia recente do boteiro de Viana do Bolo
Categoría:Viana do Bolo Categoría:Vilariño de Conso Categoría:Personaxes do Entroido galego