Ignacio Vidales Tomé, nado en Ponteareas o 30 de marzo de 1896 e finado no mesmo concello o 11 de agosto de 1963,Porto Bernárdez, Gabino. "Ha muerto D. Ignacio Vidales Tomé" El Pueblo Gallego, 14-8-1963, p. 4 . foi un xornalista, debuxante e caricaturista galego.

Traxectoria Fixo os primeiros estudos en Vigo. Marchou a Vilalba onde exerceu como amanuense do seu tío, o notario Victoriano Tomé Ramos. En 1921 obtivo o título de procurador dos tribunais, asentouse en Ponteareas e abriu un bufete. Despois sería xuíz municipal de Ponteareas.

Debutou como debuxante en 1917 na revista Vida Gallega, despois colaborou en El Tea, Don Quijote, El Galleiro, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Compaxinou o debuxo de humor cos artigos, nos que case sempre falaba de fútbol.

A través do seu humor, sutil e irónico, puxo de relevo os aspectos máis negativos do momento que lle tocou vivir nunha Galicia caracterizada pola fame, a pobreza, a emigración e a falla de igualdade social.

Despois da súa morte, en 1964, algúns dos seus artigos foron recollidos no libro Ruleta de motivos puenteareanos por Carlos Rivero Troncoso. Clodio González Pérez publicou unha antoloxía dos seus debuxos.

Recoñecementos miniatura|Rúa Vidales Tomé, Ponteareas. O seu concello dedicoulle o nome dunha rúa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

González, Clodio (edición) (1982). Os noso humoristas n.º 2. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-120-1. González, Clodio (edición) (1992). El humor de Vidales Tomé. Biblioteca 114 n.º 44. El Correo Gallego.

Ligazóns externas Marín Formoso, Xaquín. "Ignacio Vidales Tomé" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia'' .

Categoría:Xornalistas de Ponteareas Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega