O Sport Club Internacional é un club brasileiro de fútbol con sede en Porto Alegre. Actualmente ocupa a primeira posición no rango de clubs da Conmebol como mellor equipo de Suramérica, polas boas actuacións dos últimos anos nas competicións continentais.Ranking de clubs da Conmebol 29-8-2011 O equipo mantén unha intensa rivalidade co seu veciño, o Gremio de Porto Alegre, co cal disputa o derby clásico coñecido como Grenal.

Palmarés Torneos estatais Campionato Gaúcho (40) = 1927, 1934, 1940, 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1947, 1948, 1950, 1951, 1952, 1953, 1955, 1961, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1978, 1981, 1982, 1983, 1984, 1991, 1992, 1994, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2008, 2009, 2011 Torneos nacionais Brasileirao (3) = 1975, 1976, 1979 Copa do Brasil (1) = 1992 Torneos internacionais Copa Mundial de Clubs da FIFA (1) = 2006 Copa Libertadores (2) = 2006, 2010 Copa Suramericana (1) = 2008 Recopa Suramericana (2) = 2007, 2011 Estadio O SC Internacional xoga os seus encontros como local no estadio Beira-Rio, da súa propiedade, construído en 1969 e cunha capacidade para acoller a uns 55.000 seareiros. Actualmente está a ser restaurado para acoller varios encontros do Mundial de Fútbol 2014 que se disputará no Brasil.

Xogadores Categoría principal: Xogadores do Sport Club Internacional.

Cap.

Algúns dos xogadores históricos do club son Falcão, Elías Figueroa, Taffarel, Gamarra, Dunga ou Alexandre Pato.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa Libertadores Brasileirao Porto Alegre Ligazóns externas Páxina oficial do SC Internacional