O Forum di Milano, coñecido anteriormente como Forum di Assago, Fila Forum, DatchForum e Mediolanum Forum, é un pavillón polideportivo situado na cidade de Milán, capital da Lombardía, en Italia. Con capacidade para 12.700 espectadores, foi inaugurado en 1990. Alberga os encontros como local do Olimpia Milano, equipo que compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto italiano. Tamén é usado en partidos da Euroliga. En 1994 albergou o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Olimpia Milano Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Pavillóns de baloncesto de Italia