Forraje é unha banda de rock galego procedente da Pobra do Caramiñal. Ten un estilo semellante ao de Extremoduro ou Marea.
Historia Formouse no decembro de 1998 co nome de Arrebato, e tocaban en locais e festas da súa vila e contorna, até que catro anos máis tarde, por motivos legais, mudaron o nome polo de Forraje, nome co que se coñece actualmente, pasando brevemente polo nome de Redada.
Foi no ano 2003 cando gravaron o seu primeiro álbum, Estoy Que Muerdo, co contou coa axuda do cantante e o guitarrista de Marea. Tamén tiveron outras colaboracións destacables como a do vocalista de Barricada, El Drogas, entre outras. Tres anos máis tarde, no 2006, sae o que sería o seu segundo traballo, Diario de un Alma Rota. O seu terceiro disco chámase Retales de vino y luna, posto á venda o 17 de febreiro de 2009.
Membros Antonio Suárez "Lulu": Guitarra e voz Juancho Pérez "Juancho": Baixo e voz Perfecto Mariño "Kuervo": Guitarra e coros Gerardo Pouso "Jerry": Batería
Discografía Estoy Que Muerdo, 2003 Diario de un Alma Rota, 2006 Retales de vino y luna, 2009
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Galicia