O Día internacional dos nenos vítimas inocentes de agresión é unha celebración promovida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que acontece cada 4 de xuño.
Descrición Foi establecido o 19 de agosto de 1982 e o propósito do día é recoñecer a dor que sofren os nenos en todo o mundo que son vítimas de malos tratos físicos, mentais e emocionais.
Resolución da ONU ES-7/8. Día Internacional dos nenos vítimas inocentes da agresión
A Asemblea Xeral,
Examinando a cuestión de Palestina na continuación do seu sétimo período extraordinario de sesións de emerxencia,
Consternada ante o gran número de nenos palestinos e libaneses que foron vítimas inocentes dos actos de agresión de Israel,
Decide conmemorar, o día 4 xuño de cada ano, o Día Internacional dos nenos vítimas inocentes da agresión.
31ª sesión plenaria
19 agosto de 1982 PDF da resolución da ONU .
Notas
Véxase tamén Outros artigos UNICEF. Dereitos do neno. Declaración dos Dereitos do Neno. Convención sobre os Dereitos do Neno.
Ligazóns externas Páxina da ONU .
Categoría:ONU Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas