miniatura|275x275px|Táboa escrita en cuneiforme que rexistra as racións diarias de cervexa para os traballadores, c. 3300-3000 a. C., British Museum. miniatura|140x140px|Pictograma indicador da saída de emerxencia. Un pictograma é un signo visual que representa esquematicamente un obxecto, acción ou concepto mediante unha imaxe simplificada. Son amplamente utilizados en instrucións de seguridade, interfaces dixitais etc.
Áreas de uso miniatura|202x202px|Pictogramas no tranvía de Liberec. miniatura|140x140px|Pictograma de reciclaxe. Os pictogramas son ferramentas clave na comunicación visual, proporcionando unha forma rápida e intuitiva de transmitir información sen a barreira da linguaxe oral. Son deseñados para seren entendidos universalmente, reducindo detalles innecesarios para enfocar na mensaxe esencial. A súa capacidade para transcender as limitacións lingüísticas e culturais fainos especialmente valiosos en contextos internacionais e multilingües. miniatura|187x187px|Pictogramas no MACBA.
En arquitectura, enxeñaría e construción Os pictogramas nestes eidos son usados para representar elementos ou procesos de xeito esquemático, facilitando a comunicación técnica en planos ou documentos relacionados. Nas infraestruturas de transporte, como estradas, son empregados nos sinais de tráfico, mapas etc.
Psicoloxía e educación Neste ámbito, os pictogramas axudan a facilitar a comunicación e o aprendizaxe, especialmente en contextos onde a lingua pode ser unha barreira, como no traballo con nenos pequenos ou persoas con dificultades de aprendizaxe, por exemplo con trastornos por déficit de atención ou do espectro autista.
Ciencias da saúde e veterinaria Os pictogramas son empregados para indicar procedementos, advertencias, e instrucións de maneira clara e rápida en ambientes médicos e veterinarios, onde a precisión e a rapidez na comunicación son fundamentais. Tamén son usados dentro de disciplinas como a logopedia e a audioloxía, xa que facilitan a comunicación e a terapia con pacientes que teñen dificultades de fala ou audición.
Importancia nos medios modernos Na era dixital, os pictogramas son fundamentais para a navegación web e as interfaces gráficas de usuario, onde a claridade e a eficiencia son prioritarias. A súa aplicación vai desde iconas en software até símbolos en dispositivos móbeis e taboleiros de mandos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Código Comunicación Comunicación visual Deseño gráfico Graffiti Ideograma Ideografía Icona (comunicación) Ilustración (deseño gráfico) Logotipo Semiótica Signo Sinal Sinal de tráfico Símbolo Visión Visualización dos datos Petróglifo
Ligazóns externas ISO/IEC 18035:2003 Iconas e símbolos para internet e interface usuario (en inglés) Portal Aragonés de Comunicación Aumentativa e Alternativa (versións en galego e outras)
Categoría:Lingüística Categoría:Grafémica Categoría:Comunicación Categoría:Deseño Categoría:Deseño gráfico Categoría:Deseño organizativo