Triana do Rosário Côrte-Real de Oliveira, nada en Dili o 7 de xuño de 1978, é unha tradutora de Timor Leste.
Traxectoria Triana Côrte-Real de Oliveira traballou como intérprete de Médicos sen Fronteiras en Viqueque, Asistente Administrativa do Despacho de Axuda Humanitaria da Comisión Europea (ECHO) en Dili, e Asistente Executiva da Administración da ONG Care Internacional. Traduciu ao tetum dous libros para a súa publicación pola ONG Timor Aid, Bere Barani – Istória ba labarik sira ne’ebé traumatizadu no laran-susar de Caroline H. Sheppard (do inglés), e Sasin-Matan, de Seno Gumira Ajidarma (do indonés). Colaborou con João Paulo Esperanza na tradución ao tetum d' O principiño de Antoine de Saint-Exupéry. É coautora d' O que é a Lusofonia. Xente, culturas, terras/Saída maka luzofonia. Ema, kultura, rain (2005), libro bilingüe en tetum e portugués. Actualmente está a estudar Medicina na Universidade Gadjah Mada en Joguejacarta, na Indonesia.
Véxase tamén Ligazóns externas “O que é a Lusofonia. Gente, culturas, terras/Saida maka luzofonia. Ema, kultura, rain”
Categoría:Tradutores de Timor Leste Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Dili Categoría:Escritores en lingua tetum