A bismutina ou bismutinita é un sulfuro de fórmula Bi2S3. Contén un 81,29% de bismuto, sendo a principal fonte a nivel mundial. Preséntase na natureza como unha especie mineral cinsenta e isomorfa da estibina, cun hábito cristalino moi semellante, predominando as formas aciculares ou tabulares. É soluble en ácido nítrico a altas temperaturas.
Normalmente encóntrase filóns de estaño e ouro a altas temperaturas.
Foi descuberta en 1832 nas minas de Potosí, Bolivia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Mineral Handbook Mindat mineral data
Categoría:Minerais