César Sanmartín Abán, nado o 19 de outubro de 1975 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto catalán. Cunha altura de 1,98 metros xoga na posición de ala.
Traxectoria Momentos memorables César Sanmartín é lembrado en Lugo sobre todo polo seu partido xogado fronte ao FC Barcelona o 26 de novembro de 1999, no que foi a primeira vitoria do Breogán no se retorno á ACB de 1999. Nese partido, no que o Barça acudía como favorito xa que os de Lugo levaban catro xornadas sen gañar, Sanmartín anotou 22 puntos (2/2 en tiros de dous, 2/2 en tiros libres e 5/5 en triplas), en tan só oito minutos. Finalmente rematou o partido con 33 puntos e unha valoración de 38, o que lle supuxo o nomeamento a mellor xogador da xornada da ACB."El Mundo Deportivo", 27/9/1999, páxina 58. Breogán arrasa al Barça
Equipos Canteira Escuela Safa Claror Barcelona. Joventut Badalona. Categorías inferiores. C.B. Sant Josep Badalona (1993–1994). Primeira División. C.B. Sant Josep Badalona (1994–1995). Liga EBA. 7Up Joventut (1994–1995). Liga ACB. Joventut Badalona (1995–1996). Liga ACB. Festina Joventut (1996–1998). Liga ACB. C.B. Gran Canaria (1998–1999). Liga ACB. Breogán Universidade (1999–2000). Liga ACB. Pinturas Bruguer Badalona (2000–2001). Liga ACB. Leite Río Breogán (2001–2004). Liga ACB. Lagun Aro Bilbao Basket (2004-2005). Liga ACB. C.B. Granada (2005-2007). Liga ACB. Autocid Burgos (2007-2009). Liga LEB.
Internacionalidades Selección de España Xuvenil. Selección de España Sub-22. 1997 Campionato del Mundo Sub-22. Selección de España. Selección de España B.
Palmarés Clubs 1989-90 Campionato de España Cadete. Joventut Badalona. Campión. 1994 Campionato de Europa. Selección de España Sub-22. Liubliana. Medalla de Bronce. 1996-97 Copa do Rei. Festina Joventut. Campión. 1997-98 Copa do Rei. Festina Joventut. Subcampión. 2005 Supercopa. C.B. Granada. Granada. Subcampión.
Individual Nomeamentos 26/09/1999 (1999-00). Liga ACB. Breogán Universidade. Xogador da Semana. Xornada 4. 16/04/2000 (1999-00). Liga ACB. Breogán Universidade. Xogador Nacional da Semana. Xornada 31. 12/05/2002 (2001-02). Liga ACB. Leite Río Breogán. Xogador Nacional da Semana. Sem. 28. De xor. 33 a xor. 34. 12/05/2002 (2001-02). Liga ACB. Leite Río Breogán. Xogador Nacional do Mes. Maio. De xor. 33 a xor. 34. 21/11/2004 (2004-05). Liga ACB. Lagun Aro Bilbao Basket. Xogador da Semana. Xornada 8. 20/10/2005 (2005-06). Liga ACB. C.B. Granada. Xogador Nacional da Xornada. Xornada 3. 01/10/2006 (2006-07). Liga ACB. C.B. Granada. Xogador Nacional da Xornada. Xornada 1.
Logros Sexto xogador que máis partidos xogou coa camiseta do Club Baloncesto Breogán (128). Sexto xogador que máis puntos anotou da historia do Club Baloncesto Breogán (1.166). Sétimo xogador que máis rebotes capturou da historia do Club Baloncesto Breogán (439).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Ficha en Basketpedya
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do CB Granada Categoría:Xogadores do CB Atapuerca