Sabahudin Bilalović, coñecido como Dino Bilalović, nado o 7 de maio de 1960 en Trebinje, Bosnia e Hercegovina (Iugoslavia) e finado o 29 de xullo de 2003 en Makarska, Croacia,U Makarskoj umro Sabahudin Dino Bilalovic foi un xogador profesional de baloncesto internacional, que cunha estatura de 2,10 metros xogaba na posición de pivote.

Traxectoria En 1979, como xogador do Bosna Asa e nos seus primeiros anos de carreira, gañou a Copa de Europa de Baloncesto. Internacional coa selección de Iugoslavia, apareceu por primeira vez coa selección de Bosnia e Hercegovina trala desintegración iugoslava no EuroBasket de Alemaña de 2003, onde foi o máximo anotador do torneo con preto de 25 puntos por encontro.

Durante a súa etapa na liga ACB, no Breogán de Lugo, conseguiu facer unha media 15 puntos e 6,5 rebotes por encontro, destacando sobre todo as súas 51 triplas dese ano (cun 41% de acerto), dato moi consedirable e máis aínda tendo en conta que xogaba como pivote. Morreu en xullo de 2003 durante unhas vacacións de Makarska, Croacia, debido a problemas cardíacos previamente diagnosticados.

Clubs Bosna Sarajevo (1977–1989) Vojvodina Novi Sad (1989–1990) Bosna Sarajevo (1990–1992) Hapoel Nahariya (1992−1993) DYC Lugo (1993–1994) KK Zagreb (1994–1995) Lugano (1995) Speyer (1995−1996) Česko 93 Sarajevo (1997−1999)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en acb.com

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do KK Vojvodina Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Ironi Nahariya Categoría:Xogadores do KK Zagreb Categoría:Nados en Trebinje