A República do Congo (en francés: République du Congo; en congo: Repubilika ya Kongo; en lingala: Republiki ya Kongó), tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo, é un país africano. Limita ao norte co Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur coa provincia angolana de Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.
Historia
O Congo obtivo a súa independencia de Francia o 15 de agosto do 1960. O seu primeiro presidente foi Fulbert Youlou, forzado a deixar o goberno por unha revolta, no 1963. Asume, entón, a presidencia Alphonse Masamba-Délbat que, en 1964, fundou un partido de índole marxista-leninista adoptando unha economía planificada, de base socialista. A seguir, dá inicio a un "Plano Quinquenal" que levou a unha expansión inicial da agricultura e da industria.
A tensión entre o goberno e os militares crece e, no 1968, o Exército dá un golpe de estado, liderado polo maior Marien Ngouabi, que asume o poder. El mantivo a liña socialista, pero creando o seu propio partido, o "Partido Congolés dos Traballadores" (PCT). En 1970, o país adopta a denominación de República Popular do Congo e consolida o seu réxime ligado ao marxismo-leninismo. Neste mesmo ano, o exército esmaga unha tentativa de golpe contra o presidente, liderada polo ex-tenente paracaidista Pierre Xitonga, e executa a todos os conspiradores, coa excepción do exministro de Defensa, Augustin Poignet, que consegue fuxir. Aproveitándose desta situación, dá inicio a un expurgo xeral de todos os sospeitosos de seren contrarios ao seu goberno.
O Partido Congolés do Traballo permanece como o único legal e, en 1977, o presidente foi asasinado, asumindo o poder unha xunta militar. En 1979 pasa á presidencia o coronel Sassou-Nguesso, que exerce poderes ditatoriais ata 1989, cando o colapso comunista do leste europeo o leva a anunciar reformas políticas e a transición para a economía de mercado. O goberno mantén unha política internacional de neutralidade, relacionándose tanto co capitalismo como co comunismo.
En 1990, o PCT abandona o marxismo-leninismo. No ano seguinte, tropas cubanas estacionadas no país desde 1977, deixan o Congo. En 1992 é votada a nova Constitución, onde está previsto un sistema político multipartidista.
Política
O goberno da República é un sistema semipresidencial cun presidente electo que nomea o Consello de Ministros. O consello, incluído o primeiro ministro, elíxese entre os representantes electos no Parlamento. Desde a década de 1990, o país ten un sistema político multipartidista dominado polo presidente Denis Sassou Nguesso. Sassou Nguesso está apoiado polo seu propio Partido Congolés do Traballo (en francés: Parti Congolais du Travail) así como por unha serie de partidos máis pequenos.
O réxime de Sassou viuse implicado en escándalos de corrupción, con intentos de censuralos. Unha investigación francesa atopou máis de 110 contas bancarias e decenas de "propiedades de luxo" en Francia. Sassou denunciou as investigacións por malversación como "racistas" e "coloniais". Denis Christel Sassou-Nguesso, fillo de Denis Sassou Nguesso, foi asociado cos Papeis de Panamá.
O 27 de marzo de 2015, Sassou Nguesso anunciou que o seu goberno celebraría un referendo para cambiar a constitución do país de 2002 para permitirlle presentarse por un terceiro mandato consecutivo.Ross, Aaron (27 March 2015) Congo Republic president says expects referendum over the third term . Reuters O 25 de outubro, o goberno celebrou un referendo para permitir que Sassou Nguesso se presentase ás próximas eleccións. O goberno afirmou que a proposta fora aprobada polo 92% dos votantes, coa participación do 72% dos electores. A oposición que boicoteou o referendo dixo que as estatísticas do goberno eran falsas e que o voto era falso. As eleccións suscitaron preguntas e estiveron acompañadas de disturbios civís e tiroteos policiais contra manifestantes; polo menos 18 persoas foron asasinadas polas forzas de seguridade durante as concentracións da oposición previas ao referendo celebrado en outubro.
Subdivisións administrativas
miniatura|esquerda|Mapa dos 12 departamentos da República do Congo. O país divídese en 12 departamentos, que á súa vez se dividen en comunas e distritos.Con cifras inconsistentes: A páxina da Presidencia da República do Congo Na que figuran 11 departamentos, 7 comunas e 76 distritos. O directorio estatístico do Congo No que aparecen 12 departamentos, 6 comunas e 85 distritos. Unha lista de subprefecturas (representación superior do Estado nun distrito) de decembro de 2008 na que figuraban 86 distritos. Finalmente, as cifras máis fiables veñen da páxina congo-siteportail.info : 12 departamentos, 7 comunas e 86 distritos. Os departamentos son os seguintes:
Xeografía
As paisaxes naturais varían enormemente. Dende as chairas da sabana e os bosques inundados do norte de Niari, ata o río Congo, ou as escarpadas montañas e bosques de Mayombe. Ten 170 km de praias ao longo da costa atlántica.
O Congo está situado na parte centro-occidental da África subsahariana e está cortado pola liña do ecuador. Ao sur e ao leste limita coa República Democrática do Congo, con Gabón ao oeste, co Camerún e a República Centroafricana ao norte e Cabinda (Angola) ao suroeste.
O suroeste é unha chaira costeira cuxa principal drenaxe é o río Kouilou-Niari; o interior do país está formado por unha meseta central entre 2 concas ao sur e ao norte. Os bosques están baixo unha presión de explotación crecente.Map: Situation de l'exploitation forestière en République du Congo . (PDF) . Consultado o 25 de febreiro de 2013. O Congo tivo unha puntuación media do Índice de Integridade da Paisaxe Forestal en 2018 de 8,89/10, o que o clasificou no lugar 12 a nivel mundial de 172 países. Preto do 55% do territorio está cuberto por bosques tropicais.
O Congo atópase dentro de 4 ecorrexións terrestres: a selva costeira ecuatorial atlántica, os bosques das terras baixas do noroeste do Congo, as selvas pantanosas do Congo occidental e o mosaico de bosques-sabanas do Congo occidental. Dado que o país está situado no ecuador, o clima é moi pouco variable durante todo o ano, cunha temperatura media diúrna de 24 °C con moita humidade e as noites en xeral entre 16 °C e 21 °C. A precipitación media anual oscila entre os 1.100 milímetros no val de Niari, no sur, ata máis de 2.000 milímetros nas partes centrais do país. A estación seca é de xuño a agosto, mentres que na maioría do país, a estación húmida ten 2 máximos de precipitacións: un en marzo-maio e outro en setembro-novembro.
Entre 2006 e 2007, investigadores da Wildlife Conservation Society estudaron os gorilas en rexións "dentamente boscosas" centradas no distrito de Ouesso da rexión de Sangha. Suxiren unha poboación da orde de 125 000 gorilas de terras baixas occidentais cuxo illamento dos humanos foi preservado maioritariamente por habitar zonas pantanosas "inhóspitas".
Economía
miniatura|esquerda|Unha representación proporcional das exportacións da República do Congo en 2019. miniatura|Desenvolvemento do PIB per cápita entre 1950 e 2018. A economía é unha mestura de agricultura de subsistencia e artesanía, un sector industrial baseado principalmente no petróleo, servizos de apoio e un goberno caracterizado por problemas orzamentarios e "sobredotación de persoal". A extracción de petróleo suplantou á silvicultura como principal alicerce da economía. En 2008, o sector petroleiro representaba o 65% do PIB, o 85% dos ingresos do goberno e o 92% das exportacións.Republic of the Congo World Bank O país ten riquezas minerais sen explotar.
En 2018, a República do Congo uniuse á Organización de Países Exportadores de Petróleo.
Demografía
+Poboación Ano Millóns1950 0,82000 3,22021 6,1 A súa poboación concéntrase na parte suroeste, deixando as zonas de selva tropical do norte practicamente deshabitadas. O 70% da súa poboación total vive en áreas urbanas, concretamente en Brazzaville, Pointe-Noire ou nunha das cidades ou vilas que bordean a vía férrea de 534 quilómetros, que une as dúas cidades principais. Nas zonas rurais, a actividade industrial e comercial diminuíu nalgúns anos, deixando as economías rurais dependentes do goberno para o seu apoio e subsistencia.
Antes da guerra de 1997, uns 9 000 europeos e outros non africanos vivían no Congo, a maioría dos cales eran franceses. Na actualidade só queda unha pequena fracción deste número.Background Note: Republic of the Congo Departamento de Estado dos Estados Unidos de América. Visitado o 21 de agosto de 2008. Hai arredor de 300 inmigrantes estadounidenses residindo no Congo.
Segundo unha enquisa de 2011-2012, a taxa total de fecundidade era de 5,1 fillos nacidos por muller, con 4,5 nas zonas urbanas e 6,5 nas zonas rurais.Congo. Enquête Démographique et de Santé 2011–2012 . Centre National de la Statistique et des Études Économiques (CNSEE), Brazzaville. Decembro de 2012
Os congo son o grupo étnico máis numeroso e forman aproximadamente a metade da poboación. Os subgrupos máis significativos dos congo son os laari, nas rexións de Brazzaville e Pool, e os vili, ao redor de Pointe-Noire e ao longo da costa atlántica. O segundo grupo máis numeroso son os teke, que viven ao norte de Brazzaville, co 16,9% da poboación. Os mbochi viven no norte, leste e en Brazzaville e forman o 13,1% da poboación. Os pobos pigmeos constitúen o 2% da poboación do Congo. Algúns pigmeos pertencen desde o nacemento aos bantús nunha relación que algúns describen como escravitude. O Observatorio Congolés de Dereitos Humanos di que os pigmeos son tratados como propiedade do mesmo xeito que as mascotas. O 30 de decembro de 2010, o parlamento congolés aprobou unha lei para promover e protexer os dereitos dos pobos indíxenas. Esta lei é "a primeira" deste tipo en África.. iwgia.org, 15 de novembro de 2010
Linguas Ethnologue recoñece 62 linguas faladas no país.
Educación miniatura|Escolares nunha aula na República do Congo. O gasto público do PIB en educación foi menor en 2002–05 que en 1991. A educación pública é teoricamente gratuíta e obrigatoria para os menores de 16 anosRefworld | 2008 Findings on the Worst Forms of Child Labor – Congo, Republic of the . UNHCR. Consultado o 25 de febreiro de 2013. mais, na práctica, existen gastos. En 2005, a taxa neta de matrícula primaria foi do 44%, unha caída respecto ao 79% de 1991.
Saúde O gasto público en saúde situábase no 8,9% do PIB en 2004, mentres que o gasto privado estaba no 1,3%.. undp.org Segundo datos de 2012, a prevalencia do VIH/SIDA era do 2,8% entre as persoas de 15 a 49 anos. O gasto sanitario foi de 30 dólares per cápita en 2004. Unha parte da poboación está desnutrida, e a malnutrición é un problema no Congo. Había 20 médicos por cada 100 000 habitantes na década de 2000.
En 2010, a taxa de mortalidade materna era de 560 mortes/100 000 nacidos vivos e a taxa de mortalidade infantil era de 59,34 mortes/1 000 nacidos vivos. A mutilación xenital feminina está limitada a áreas xeográficas moi concretas.
Cultura
Gastronomía miniatura|upright|esquerda|Mangos, dispoñibles todo o ano. Menos do dous por cento da terra está cultivada, e a maior parte desta utilízase para a agricultura de subsistencia. As terras agrícolas do Congo son a orixe dunha gran variedade de cultivos. Estes inclúen millo, arroz, mandioca, patacas doces, iñame, taro, banana, tomates, cabaza e variedades de chícharos e noces. Estes alimentos cómense en todo o país, pero tamén hai pratos rexionais. Os cultivos máis importantes para a exportación son o café e o aceite de palma.