dereita|miniatura|230px|Fronteiras lingüísticas segundo Def. 1. dereita|miniatura|230px|Fronteira lingüística segundo Def. 2, Liña Massa-Senigallia. dereita|miniatura|230px|Fronteiras lingüísticas segundo Def. 3. miniatura|230px|O reino lombardo baixo Rothari (636-652). O italiano do Norte, italiano setentrional ou padano (nome recente), ou cisalpino (nome de uso menos frecuente) é un grupo lingüístico que pertence ás linguas románicas. Fálase en todo o norte de Italia e nalgunhas rexións veciñas (Tecino en Suíza, Istria en Croacia e en Eslovenia, Mónaco e San Marino).
Características As definicións do italiano do Norte son contraditorias:
Def. 1: É un grupo de dialectos da lingua italiana, segundo a lingüística románica tradicional (véxase por ex. Gian Battista PellegriniPellegrini, G.B. (1975) “I cinque sistemi dell'italoromanzo”, Saggi di linguistica italiana (Turin: Boringhieri), pp. 55-87, Pierre Bec, Jacques AllièresAllières, Jacques (2001), Manuel de linguistique romane, coll. Bibliothèque de grammaire et de linguistique, París: Honoré Champion). Porén, para que esta definición sexa válida é preciso entender por lingua italiana, como nas obras do lingüista alemán Gerhard RohlfsRohlfs, Gerhard (1937) La struttura linguistica dell’Italia, Leipzig: s.n.,Rohlfs, Gerhard 1966-69 Grammatica storica della lingua italiana e dei suoi dialetti. (3 vol: Fonetica. Morfologia. Sintassi e formazione delle Parole), Einaudi, Torino., o conxunto dos dialectos románicos da Italia (e mesmo de Córsega), entre os que destaca o idioma italiano literario e oficial, que provén do dialecto florentino de Dante, Bocaccio e Petrarca. Def. 2: É unha lingua románica, diferente do italiano, segundo certos lingüistas como Heinrich Schmid Schmid, Heinrich (1956) Über Randgebiete und Sprachgrenzen", Voz Romanica, XV, pp. 79-80, Andreas SchortaSchorta, Andrea (1959) "Il rumantsch - grischun sco favella neolatina", Annalas da la Società Retorumantscha, LXXII, pp 44-63). e, sobre todo, Geoffrey Hull.Hull, Geoffrey (1989) Polyglot Italy:Languages, Dialects, Peoples, CIS Educational, Melbourne,Hull, Geoffrey (1982) The linguistic unity of Northern Italy and Rhaetia, tese doutoral, University of Western Sydney. Def. 3: Existen reivindicacións segundo as que cada dialecto do italiano do Norte é unha lingua diferente, véxase a clasificación de Ethnologue. Esta opinión é escasamente aceptada polos lingüistas tradicionais, coa excepción do piemontés grazas ao seu dinamismo particular. Respecto ao uso na vida de todos os días, o véneto é, hoxe en día, o máis empregado e o que resiste mellor á presión do italiano estándar.
Distribución xeográfica O dominio lingüístico do italiano do Norte corresponde máis ou menos a Italia do Norte ou Padania.
O límite meridional, entre o italiano do Norte e o italiano en sentido estrito, corresponde á liña La Spezia-Rimini, ou con máis precisión xeográfica, a liña Massa-Senigallia. A separación entre as linguas románicas marcada por esta liña divídeas en dous grandes grupos: a Romania occidental (mesmo o italiano setentrional) e a Romania oriental (incluso o Italiano do Centro-Sur). O grupo galoitálico é á vez separado doutros grupos románicos do Nordés (Veneto, Trentino, Friuli, Tirol do Sur) por unha liña que corre ao sueste de Bolzano/Bozen e pola costa oriental do Lago de Garda ao norte de Mantua e o río Po.
O límite setentrional, entre o italiano do Norte (e o retorrománico) e outras linguas (románicas, xermánicas ou eslavas), corresponde ás fronteiras políticas entre os varios pobos xermánicos dominantes da Alta Idade Media, isto é entre longobardos, francos e bávaros, que están reflectidas no superestrato lingüístico das linguas románicas actuais:
Italiano do Norte (menos o romañolo: A Romaña pertencía ao Imperio Bizantino): idioma dos longobardos. Occitano: idioma dos francos, aínda que con menor impacto que no francés. Arpitano: idem e anteriormente idioma dos burgundios.
Cara ao norte, o italiano do Norte (e o retorrománico) lindan co alto alemán suízo, derivado do idioma dos alamáns e ao alto alemán bávaro, derivado do idioma dos bávaros e falado actualmente en (Austria e en Tirol). Nesta zona, Romania submersa, houbo substitución lingüística do retorrománico.
Cara ao leste, o italiano do Norte (e o friulanoretorrománico) actualmente con dúas linguas do grupo eslavo: esloveno e croata.
Clasificación Os dialectos do italiano do Norte clasifícanse do seguinte xeito: Grupo galoitálico (un erro frecuente é o de confundir o galoitálico – con substrato lingüístico gálico (lingua dos galos) e ligúrico (lingua dos lígures antigos) – con todo o italiano do Norte). piemontés. lígur (incluído o monegasco e o roiasco). lombardo (occidental ou ínsubre e oriental ou oróbico). emiliano-romañolo. Grupo véneto. véneto. istriano ou istriota (de clasificación difícil e controvertida).
Segundo Pierre BecBec, Pierre (collab. Octave NANDRIS, Žarko MULJAČIĆ) (1970-71), Manuel pratique de philologie romane, Paris: Picard, 2 vol, vol 2, p.316 no pasado, debeu existir algún tipo de unidade diacrónica entre entre o italiano do Norte e o grupo retorrománico: romanche en Suíza e ladino e friulano en Italia. Este lazo estreito e evidente foi investigado en maior profundidade polo xa citado lingüista australiano Geoffrey Hull, levándoo á conclusión apuntada anteriormente (definición 2).
Táboa comparativa Lingua Frase Latín (Illa) Claudit semper fenestram antequam cenet. Italiano (florentino antigo) (Ella) chiude sempre la finestra prima di cenare. Toscano (florentino moderno) Lei la 'hiude sempre la finestra pria di'ccenà. |- | Piemontés | Chila a sara sempe la fnestra dnans ëd fé sin-a/siné.|- | Lígur | Lê a særa sénpre o barcón primma de çenâ.|- | | Lígur tabarquino | Lé a sère fissu u barcun primma de çenò. |- | Lombardo occidental | (Lee) la sara semper su la finestra primma de sena.|- | Lombardo oriental | (Lé) La sèra sèmper sö la finèstra prima de senà.|- | Emiliano boloñés | (Lî) la sèra sänper la fnèstra prémma ed dsnèr.|- | Romañolo fanés (Fano, Marcas del Norte) | Lìa chìud sèmpr la fnestra prema'd'cnè.|- | Veneciano | Ła sàra/sèra senpre el balcón vanti senàr/dixnàr.|- | Romanche | Ella clauda/serra adina la fanestra avant ch'ella tschainia. (Retorrománico)|- | Ladino nonés (Val di Non, Trento) | (Ela) la sera semper la fenestra inant zenar. (Retorrománico)|- | Friulano | Jê e siere simpri il barcon prin di cenâ.(Retorrománico)|- | Istriano (Rovèigno, ital. Rovigno; croata: Rovinj) | Gila insiera senpro el balcon preîma da senà.|- | Galego | (Ela) pecha sempre a fiestra antes de cear.''
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lingua italiana Linguas románicas
Categoría:Lingua italiana