Fernando Caldeiro Caínzos, máis coñecido como Frank Caldeiro, nado en Buenos Aires o 12 de xuño de 1958 e finado en League City (Texas) o 3 de outubro de 2009Obituario en http://galvestondailynews.com ., foi un astronauta arxentino-estadounidense de orixe galega, graduado en enxeñaría mecánica na Universidade de Arizona e na Universidade de Florida Central.

Traxectoria Caldeiro foi nomeado astronauta da NASA o 1 de maio de 1996 como membro do Grupo Astronauta 16, alcumado como "The Sardines".

Caldeiro foi asignado aos voos de observación a grande altitude na nave da NASA WB-57. En 2002 uniuse á Comisión presidencial de Excelencia educativa para os Hispanoamericanos.

Finou en outubro de 2009, aos 51 anos, logo de dous anos e medio sufrindo un cancro cerebral.

No ano 2000 recibira a Medalla Castelao, pois era descendente de galegos. O seu pai era de Samos"Galego na Lúa" , artigo de Marcelino Fernández Mallo no blog A trenza, 21 de novembro de 2009., emigrado primeiro a Buenos Aires e despois a Nova York, onde traballou como xefe dos electricistas do metro. A súa nai era leonesa filla de galegos. O seu avó materno era da Devesela (Curtis)Ficha en Fillos de Galicia..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na páxina da NASA . Biografía na páxina de Spacefacts .

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Astronautas da Arxentina Categoría:Medallas Castelao Categoría:Finados en 2009 Categoría:Finados por tumor cerebral