O Club Hielo Jaca, é un equipo español de hóckey sobre xeo da cidade de Jaca, Huesca (Aragón). Actualmente compite na Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima categoría do hóckey sobre xeo do Estado español. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, inaugurado en 2008 e con capacidade para 2 000 espectadores.Jaca estrena Palacio de Hielo... por fin Ademais do equipo sénior de hóckey, conta cunha sección feminina e categorías inferiores. Tamén posúe un equipo de curling e unha sección de patinaxe artística.

Trátase do único club que disputou todas as edicións da Liga Nacional Hockey Hielo e o club aragonés máis laureado. O Jaca gañou 15 campionatos, así como a Copa do Rei en 18 ocasións.

Historia As orixes do club remóntanse a 1968, cando o daquela alcalde de Jaca, Armando Abadía, solicitou a construción dun polideportivo ao Consello Superior de Deportes. O seu interlocutor en Madrid era Juan Antonio Samaranch, daquela Delegado Nacional de Educación Física e Deportes, quen lle propuxo a construción dun "campo de deportes de xeo", con cuxo financiamento se comprometeu Samaranch. Deste xeito comezaron as obras nos terreos coñecidos como Villa Fermina, que xa acollían o campo de fútbol da localidade.

O CH Jaca foi fundado en 1972, coincidindo coa inauguración da Pista de Xeo de Jaca, cuxo custo elevouse ata os 23 millóns de pesetas. En 1984 o Jaca gañou o seu primeiro título de liga. Gañou tódolos seus títulos dende mediados da década dos '80, os máis recentes foron o título de liga de 2024 e o de copa de 2024. De tódolos equipos españois ten o mellor récord nas competicións europeas. Porén, o progreso, con oito vitorias en 37 partidos segue sendo moi negativo. Durante a IIHF Continental Cup da tempada 2005-06, o equipo aragonés gañou os tres partidos da primeira rolda ante o HK Slawia Sofia de Bulgaria, o Hapoel Amos Lod de Israel e o Polis Akademisi Ankara de Turquía, mais perdeu tódolos partidos da segunda rolda ante o HK Junost Minsk de Belarús, Kaszink-Torpedo Ust-Kamenogorsk de Kazakhstán e o HK Sokol Kiew de Ucraína.

Na tempada 2022-23 o club fixo historia ao converterse no primeiro equipo en gañar a liga tanto en categoría feminina como masculina, títulos aos que amais sumou a Copa do Rei. Na tempada seguinte, chegou o adestrador francés Benoît Pourtanel ao equipo masculino, que conseguiu un novo doblete logo de derrotar nas finais da liga o SH Majadahonda, contra o que comezou perdendo os dous primeiros partidos na casa para logo acabar impoñéndose no quinto partido, e na final da Copa do Rei aos mesmos adversarios por 4-2 (2-1, 1-1, 1-0).

O 16 de febreiro de 2025 o CH Jaca converteuse no primeiro campión da recentemente creada Liga Ibérica de Hóckey Hielo logo de conseguir un rexistro de 17 vitorias (unha delas na prórroga) e unha única derrota para un total de 50 puntos.

Pavillón

miniatura|O Club Hielo Jaca xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca. O Club Hielo Jaca disputa os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, un pavillón que constitúe un dos atractivos turísticos da cidade. Foi inaugurado en 2007 e ten dúas pistas de xeo, unha de dimensións olímpicas (60 x 30 metros) e outra de menores dimensións (50 x 20 metros), tratándose do primeiro edificio de España en contar con dúas pistas de xeo. A pista principal ten bancadas para dar cabida a 1 891 persoas, se ben a capacidade do recinto se pode ampliar ata as 3 579 persoas mediante a instalación doutras estruturas de bancadas de carácter provisional, e ata as 6 700 persoas para espectáculos con público de pé sobre as pistas.

Rivalidades miniatura|250px|O Jaca e o Puigcerdà durante as finais da liga 2014-15. O Club Hielo Jaca mantén unha longa rivalidade co Club Gel Puigcerdà, co que disputa o derby pirenaico. As orixes desta rivalidade atópanse na década de 1980, cando ambos equipos comezaron a loitar por ocupar os primeiros postos da clasificaión, que ata aquel momento dominaran os equipos vascos.

Un dos detonantes da rivalidade foi a final da Copa do Rei de 1993 que se disputou o 1 de maio en Puigcerdà e que gañou o equipo local. A tempada seguinte o cadro aragonés desquitouse gañando a liga en Puigcerdà na derradeira xornada nun pavillón cun ambiente moi hostil.

Equipo feminino En 2004 chegou o primeiro intento de crear un equipo feminino, integrado por adolescentes de entre 14 e 15 anos que adestraban unha hora semanal co técnico ucraíno Sergei Garkusha, mais a falta de técnica das xogadoras por non ter xogado nunca fixo que o proxecto non continuara.

Coa creación da Liga Nacional de Hockey Hielo Feminina en 2008 o club uniuse á competición, mais a súa presenza foi intermitente ata o ano 2018. En 2023 o equipo feminino conseguiu o seu primeiro campionato de liga e o 34º título do club. A consecución deste título supuxo un forte impulso ao hóckey feminino na localidade.

Canteira A maior parte dos xogadores do Club Hielo Jaca naceron na vila. Os nenos entran en contacto co hóckey sobre xeo xa en idade escolar a través dos programas de promoción do club, o que posibilitou á entidade aragonesa contar cun fluxo constante de xogadores e a non dependencia de xogadores estranxeiros.

O equipo ten numerosas categorías, dende as escolas de hóckey sobre xeo ou o equipo sub-9, ata o equipo sub-18, con máis dun 40% de fichas femininas en 2024.

Palmarés Masculino 15 Ligas españolas: 1983-84, 1990-91, 1993-94, 1995-96, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2009-10, 2010-11, 2011-12, 2014-15, 2015-16, 2022-23, 2023-24 1 Liga Ibérica de Hockey Hielo: 2024-25 18 Copas do Rei: 1985, 1988, 1989, 1993, 1995, 1996, 1998, 2001, 2002, 2003, 2006, 2011, 2012, 2013, 2017, 2021, 2023, 2024

Feminino 1 Ligas españolas: 2023

Participacións na Copa de Europa Tempada Rolda Adversario Resultado(s) 1984-85 1ª Rolda 20px Steaua Bucarest 15px 1-14 ; 4-7 1991-92 1ª Rolda 20px Dragons de Rouen20px HC Bolzano20px HC Utrecht 15px 0-1315px 2-1715px 0-7 1994-95 1ª Rolda 20px EHC Kloten 20px VEU Feldkirch20px Lillehammer IK 15px 3-1915px 2-1715px 3-15 1996-97 1ª Rolda 20px Steelers de Sheffield20px Steaua Bucarest20px Tilburg Trappers 15px 0-1615px 1-715px 8-12 1997-98 1ª Rolda 20px Dunaferr Acélbikák 20px Partizan Belgrade 15px 2-815px 7-4 1998-99 1ª Rolda 20px|Espagne CG Puigcerdà20px SC Energija20px Dukla Trenčín 15px 6-115px 3-215px 1-20 2000-01 1ª Rolda 20px Ferencváros TC 20px Miercurea Cluc20px KT Ust-Kamenogorsk 15px 2-515px 1-315px 0-14 2001-02 1ª Rolda 20px Rødovre Mighty Bulls20px Tilburg Trappers20px Brûleurs de Loups de Grenoble 15px 1-615px 2-615px 1-4 2002-03 1ª Rolda 20px Amstel Tijgers Amsterdam 20px KT Ust-Kamenogorsk20px HK Vojvodina Novi Sad 15px 1-715px 0-1315px 3-5 2003-04 1ª Rolda 20px Tilburg Trappers20px|Espagne FC Barcelona20px Phantoms Deurne 15px 5-1315px 5-315px 3-8 2004-05 1ª Rolda 20px SC Energija 20px KHL Medvescak Zagreb20px Partizan Belgrade 15px 4-815px 1-315px 15-1 2005-06 1ª Rolda 20px|Bulgarie HK Slawia Sofia20px Hapoel Amos Lod20px Polis Akademisi Ankara 15px 5-215px 13-215px 7-4 2ª Rolda 20px HK Sokol Kiew20px HK Junost Minsk20px KT Ust-Kamenogorsk 15px 0-415px 0-815px 0-10

Balanzo europeo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza 37 8 0 29 112 308 -196

Recoñecementos O Club Hielo Jaca é o club deportivo máis laureado de Aragón. Ademais o club recibiu os seguintes recoñecementos:

En 1984 foi recoñecido co premio de mellor club español da Asociación Prensa Españolala. O Consello Superior de Deportes concedeulle a Placa de Bronce ao Mérito Deportivo en xaneiro de 1998. Foi dúas veces recoñecido coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo outorgada polo Goberno de Aragón nos anos 1998 e 2023. En 2011 recibiu o Premio "Gobierno de Aragón" ao Mellor Club de Aragón.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do CH Jaca Blog de novas do CH Jaca

Jaca