A Baixa Silesia (en polaco Województwo dolnośląskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998 e foi creado coa reforma de 1999 pola fusión dos voivodatos de Wrocław, Legnica, Wałbrzych e Jelenia Góra. Atopándose no suroeste de Polonia; a Baixa Silesia corresponde ao sector occidental da rexión chamada Silesia.

Xeografía A Baixa Silesia confina ao norte co voivodato de Lubusz, ao nordés co de Gran Polonia e ao sueste co de Opole, así como confina ao suroeste con Alemaña (Liña Oder-Neisse) e a República Checa. No Sur da Baixa Silesia a rexión motañosa dos Sudetes (ramal noroccidental dos Cárpatos) é unha das zonas turísticas máis importantes de Polonia polos seus centros de deportes invernais.

División administrativa O Voivodato da Baixa Slesia atópase dividido en distritos (Powiat en polaco), con 3 cidades distrito. Existen distritos que levan o nome destas cidades pero sen comprehenderlas na súa xurisdición administrativa.

Distritos urbanos 25px Breslavia 25px Jelenia Góra 25px Legnica

Distritos 25px Bolesławiec 25px Dzierżoniów 25px Głogów 25px Góra 25px Jawor 25px Jelenia Góra Kamienna Góra Kłodzko 25px Legnica Lubań 25px Lubin Lwówek Śląski Milicz Oleśnica Oława 25px Polkowice miniatura|dereita|250px|Distritos da Baixa Silesia Strzelin Środa Śląska Świdnica Trzebnica Wałbrzych Wołów 25px Wrocław Ząbkowice Śląskie Zgorzelec Złotoryja

Xeografía Principais cidades A capital do voivodato, Breslavia, é cos seus case 640 000 habitantes a cuarta cidade máis poboada de toda Polonia e netamente a meirande de toda Silesia.

Breslavia / Wrocław (638 000) Wałbrzych (129 000) Legnica (106 000) Jelenia Góra (90 000) Lubin (82 000) Głogów (73 000)<li> Świdnica (61 000) <li> Bolesławiec (43 000) <li> Oleśnica (39 000) <li> Dzierżoniów (36 000) <li> Zgorzelec (36 000) <li> Bielawa (34 000)

Véxase tamén Outros artigos 25px Silesia Alta Silesia

Ligazóns externas Sitio oficial do Voivodato da Baixa Silesia

Baixa Silesia Categoría:Silesia