miniatura|250 px|A leiteira por Ramón Conde, Ourense. miniatura|300px|O home dirixe a arada.
A seguir recóllese a pegada da muller na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Cómpre advertir que a literatura oral, tanto a galega como a universal, está impregnada dunha clara misoxinia que reflicte o sentir popular das épocas nas que aquela foi xurdindo. Debe interpretarse, xa que logo, cunha perspectiva histórica sen translación a valores actuais.
Contexto Na repartición de traballo que segundo idade e xénero se fai na Galicia tradicional, a muller ademais das tarefas que ten asignadas fóra da casa, ten ao seu cargo as relativas á preparación da comida, aos labores domésticos e ao coidado dos que non se poden valer. Cando á noitiña se volve para a casa, aínda queda para a muller moito por facer: acomodar os animais, muxir as vacas e preparar a cea. Como sociedade patriarcal que é, na Galicia tradicional o lecer das mulleres está sempre asociado a tarefas colectivas exclusivamente femininas como as do fiar o liño ou lavar a roupa, mentres que os mozos e os homes tiñan a taberna e os xogos de adultos, como a chave ou os birlos, para o seu tempo de descanso.
Así, a actividade habitual do home comprendía aqueles traballos que parecían requirir máis forza ou aqueles que precisaban de desprazamentos ou estancias máis ou menos prolongadas fóra da casa. Por exemplo, na Galicia litoral eran eles os que saían ao mar desde ben noviños, mentres as mulleres quedaban a cargo do marisqueo, da descarga das redes e da venda dos produtos obtidos na pesca, á parte claro está, de horta, gando e casa; ou no caso da actividade agrogandeira, eran os homes os que na malla do centeo manexaban o mallo sendo elas as que erguían o gran.
Todo isto debe entenderse como unha norma xeral que ten moitas excepcións. Non resulta inhabitual atopar refráns, contos ou cantigas nas que son as mulleres as que realizan actividades supostamente reservadas ós homes. Xa aos romanos, sociedade tamén patriarcal e cunha clara división dos traballo por xénero, chamáballes a atención que as galegas realizaran tarefas que eles consideraban reservadas ós homes:
Descricións como estas contribuíron á creación dunha imaxe errónea de matriarcado na sociedade tradicional galega.
miniatura|A muller adúltera, na fachada das Praterías da Catedral de Santiago.Moralejo, Serafín: "ADÚLTERA, A", na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Por suposto que a situación de control e sometemento da muller ao home vese lexitimada e reforzada pola imaxe que a relixión transmite da muller como obxecto de tentación para o home e fonte do pecado. Desde Eva, na tríade das tentacións do home, mundo, demo e carne, a muller representaba a terceira:
As distintas fases na vida da muller Coa menstruación A menstruación é un dos tabús máis estendidos e xerou un amplísimo léxico eufemístico: cousas de mulleres E tamén en castelán: cosas de mujeres; italiano: le sue cose, i suoi dolore; francés: avoir seus affaires. andar/ estar mal ou mala estar indisposta andar/ estar de mes, estar co mes
Pero en moitas ocasións este léxico tínguese de matices humorísticos: andar de arrieiro andar coa tía María, vir a tía María andar co señorito, vir Pepito Corchea En italiano: Pippo, Pomponio, Giorgio; en portugués: andar com o senhor don Miguel. andar o San Xoán, chegar o San Xoán andar de ringo rango Eu pedinllo a unha nena,/ ela díxome chorando:/ Esta semana non podo/ que ando de ringo rango (Cancioneiro de Muros). ter a bandeira roxa Portugués: bandeira vermelha; francés: drapeau rouge, fièvre rouge, sauce tomate. No español de México: andar con la bandera comunista. ter os pintores na casa estar o campo mollado estar o porto cerrado
Críase que a menstruación consistía na expulsión de principios tóxicos ou enfermos da muller. Plinio o Vello afirmaba que o sangue menstrual era tan velenoso que abondaba co seu vapor ou o seu contacto para agria-lo viño novo, de modo que as mulleres coa regra non poden entrar nunha adega porque se estragaría o viño todo. Outras consecuencias poden ser esteriliza-las sementes, mata-los enxertos etc. Pola contra, a presenza nun barco dunha muller coa regra evitaba e protexía das treboadas (RODRÍGUEZ LÓPEZ).
miniatura|300px|O home é quen mata o porco, a muller recolle o sangue. Na mata do porco, a tradición esixe que a muller que recolle o sangue non podía te-la regra, porque en tal caso estragaríase o sangue con seguridade. Mesmo hai lugares nos que as mozas, en xeral, non podían axudar a face-los chourizos, estremando a precaución, pois podían estragalos a causa do seu sangue menstrual; nin sequera podían come-las filloas (Mandianes Castro).
As mulleres coa regra poden botar mal de aire. Para recoñece-la causa, na Pobra do Caramiñal cobren o meniño enfermo con follas de aro e colocan por riba unha toalla de damasco durante 24 horas, sen poder cambialo. Pasado este tempo, a mesma persoa que fixo a operación descobre o rapaz e marcha con todo ó muíño máis próximo. Alí bota as follas por riba do cubo do muíño quedándose coa toalla, na que aparecerán as manchas do menstruo, se foi unha muller a causante da enfermidade, ou os pelos da gata, se foi este animal (Lis Quibén). No dicionario de Marcial Valladares, ó falar da herba do aire, di que hai que coce-las follas, picadas a modo de tabaco, e que con ese cocemento se lava o meniño durante nove noites seguidas, de abaixo arriba, quedando nesa auga as probas da orixe do meigallo: plumas se foi unha galiña, pelos se foi un gato ou unha muller (Lis Quibén).
Outra forma de bota-lo meigallo é dar a beber viño ou a comer doces ou froitas -especialmente mazás, en lembranza da tentación de Eva-, que foran tocadas ou picadas cunha agulla ou alfinete mollados co sangue menstrual, fluxo branco ou ouriños da muller (Lis QuibénRecólleo en Ponte Caldelas (Pontevedra). O mesmo autor copia a seguinte cita de J. Regnault (El magnetismo y magicismo en el amor, Barcelona 1913): "Los anamitas comparten también la creencia, muy extendida en el sur de Francia y particularmente en Gascuña y Provenza, de que, para atraer al marido o al amante, basta hacerle absorber con un manjar cualquiera, tres gotas se sangre recogidas en condiciones especiales en cierta época del mes". Pese ó eufemístico da descrición queda claro a que sangue se refire.).
Disque os lagartos arnaus se botan ou perseguen ás mulleres que teñen a regra (Adela Leiro).
Para cura-lo torzón das bestas (cólicos) hai que darlles a bebe-la auga na que se lavara unha camisa de muller coa regra (Vicente Risco).
A virxindade As relacións sexuais, a maiores doutros aspectos persoais e sociais, teñen como finalidade o reforzamento da relación de parella co obxectivo último de constituír e manter unha familia, unidade social e económica. Nunha sociedade agraria, como a tradicional galega, a propiedade da terra e a súa transmisión ós fillos é fundamental, o que leva implícito o cumprimento de certas regras de fidelidade, centradas especialmente na muller, antes e durante o matrimonio.
Se ben a perda da virxindade non se xulga con excesivo rigor e non representa ningunha dificultade grave á hora de casar, nin sequera o feito de chegar con fillos ó matrimonio, o certo é que as nais vixían os xogos e relacións das súas fillas cos mozos e as educan para que non cedan ós requirimentos destes. Canto menos ata conseguir promesa firme de casamento. A literatura popular galega está chea de exemplos disto: Miña rosa colorada criada nun estripeiro, non te deixes abalar que podes perde-lo cheiro.
Existe unha asociación mental e lingüística entre a virxindade, como virtude, e a situación posterior á primeira relación sexual, como unha perda e como algo negativo, onde Emilio Montero ve un ascendente bíblico ou relixioso. Así, no primeiro caso, dise que a moza está enteira, e no segundo que está probada, está amozcada Eladio Rodríguez define amozcar como Cortar o arrancar un trozo de alguna cosa. Por ejemplo, de una manzana a la que se haya dado un mordisco se dice que "está amozcada", e engade que tamén se di para expresar irónicamente que una mujer soltera ha perdido la virginidad. Tamén existe o uso de amozcar co significado de escarmentar., desflorada ou mesmo deshonrada.
Agora que a puxeches coa barriga redonda, ou has de casar con ela ou haslle de volve-la honra.
Outra observación relacionada co anterior é o uso na medicina popular dos excrementos ou ouriños de muller virxe e, por extensión, doutras substancias non usadas, como a cera ou o xabón virxes (Eladio Rodríguez).
Concepción e xestación miniatura|200px|Na praia da Lanzada, as mulleres buscan toma-lo baño das nove ondas Asóciase a muller coa fecundidade Exemplo da culpabilidade que pode chegar a senti-la muller por non traer fillos a casa é esta cantiga: Miña Virxe do Corpiño,/ meu glorioso San Ramón,/ dádelle un fillo ó meu home,/ tede de min compasión., e por iso existen numerosos rituais para quedar embarazada, no caso de non logralo no seu tempo. Podíase recorrer á intercesión da Virxe ou certos santos. Xa Sarmiento recolleu que a solución era face-lo amor na ermida de San Guillerme de Fisterra: a santidade do lugar combatía os espíritos que impedían fecundar a muller (Mariño Ferro) A Ermida de San Guillerme (Fisterra), en V Televisión (23.10.2011)..
Favorece a concepción bañarse núas na praia da Lanzada (Sanxenxo), onda a ermida do mesmo nome, durante a noite de San Xoán, xusto ó dar as doce da noite, segundo uns, ou xusto antes de saí-lo sol, segundo outros. Noutras ocasións repítese este baño o último domingo de agosto. O ritual, con algunhas variacións segundo as fontes, consiste en recibir nove ondas do mar, seguidas. Baños similares e coa mesma intención practícanse na Concheira de Baiona, en Praceres (Marín) ou en Santo André de Teixido. Mariño Ferro ve nisto unha cópula simbólica O mar móvese na praia como un macho no momento da fecundación e deixa sobre a area a escuma que lembra o seme (Mariño Ferro, 342)..
En Vilariño (Cambados) hai un cruceiro chamado do culebrón no que as mulleres que queren preñar deixan en ofrenda tarteiras de cociña, quizais porque o que piden é chegar a ser nais de familia e amas de casa.
Esta asociación da muller coa fecundidade, coa abundancia, explica o costume de que as mulleres ouriñen sobre as redes antes de que o seu home saia a pescar, acto que asegurará unha boa pesca.
Durante o embarazo, a muller non debe comer lebre nin coello, para que o meniño que naza non durma cos ollos abertos ou teña o labio partido (labio leporino) coma acontece con estes animais (Antón Fraguas). Tampouco é bo que coma polbo, amorodos, percebes, lamprea, troita, raia etc., porque se supón que, se o fai, o meniño nacerá cunha mancha na pel (Mariño Ferro). Hai quen ve nesta actitude compracente de cumprirlle os antollos unha medida profiláctica que asegurase completa-la dieta da muller embarazada (Emilio Montero).
Para mante-la xestación e non sufrir abortos, recórrese ó bautismo anticipado, mediante o cal se bautiza ó futuro meniño no ventre da nai, sobre certas pontes máxicas e ás 12 da noite.
miniatura|200px|Agora xa foi e foi,nena non teñas pesare.Agora xa foi e foi,Diolo ha de remediare.