Microraptor ( do grego "pequena rapaz") é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos, que viviron a principios do período Cretáceo, fai aproximadamente 130 e 125 millóns de anos, no Barremiano, no que hoxe é Asia.

Como Archaeopteryx, Microraptor prové importante información das relacións evolutivas entre aves e dinosauros. Posúe longas plumas pennáceas que forman superficies de sustentación en patas, brazos e cola. Xu (2003) descríbeo como un "dinosauro de catro ás", e especula que puido usar os catro membros para fornecerse elevación. Dúas especies foron nomeadas, M. zhaoianus e M. gui. Suxeriuse recentemente que todos os espécimes pertencen a unha soa especie, que se chamaría M. zhaoianus. Cryptovolans, outro dromeosáurido de catro ás, pode tamén ser unha especie de Microraptor.Senter, P., Barsold, R., Britt, B.B., and Burnham, D.A. (2004). "Systematics and evolution of Dromaeosauridae (Dinosauria, Theropoda)." Bulletin of the Gunma Museum of Natural History, 8: 1-20.

Filoxenia O seguinte cladograma segue unha análise de 2012 realizada polos paleontólogos Phil Senter, James I. Kirkland, Donald D. DeBlieux, Scott Madsen e Natalie Toth.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Fósiles Categoría:Dinosauros