Darnell Edred Jackson, nado o 7 de novembro de 1985 en Oklahoma City, Oklahoma, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no PAOK BC grego. Mide 2,06 metros de altura e xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria deportiva Universidade Non foi até o noveno grao cando comezou a xogar a baloncesto. Tralo seu paso polo instituto xogou durante catro tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas, aínda que até o último ano non se fixo cun oco no cinco titular. Na súa primeira tempada tan só fixo 2 puntos e 1,7 rebotes por partido. No seu segundo ano en Kansas subiu a súa achega, xogando algo máis de quince minutos por partido, pero mediada a tempada foi suspendido pola NCAA por nove partidos, tras aceptar diñeiro de Don Davis, un afeccionado dos Jayhawks e amigo da familia, algo completamente prohibido na liga universitaria.Kansas F Jackson suspended nine games Este feito foi só unha parte do mal ano que pasou Jackson, xa que a súa avoa morreu atropelada por un condutor bébedo a principios de 2005. Dende entón, cando anota unha canastra golpéase tres veces no peito simbolicamente, unha pola súa avoa, outra pola súa nai e outra por Don Davis.Straight from the heart Unha vez regresou ás canchas, fixo o seu mellor partido ante Iowa State, ao conseguir 13 puntos e 8 rebotes.Kansas vs. Iowa State - Box Score - January 28, 2006
Na súa tempada júnior foi o terceiro mellor reboteador do equipo, tras ter unha media de 5,1 por partido. Conseguiu o primeiro dobre-dobre da súa carreira tras lograr 10 puntos e 10 rebotes ante Oral Roberts no segundo partido da tempada,Oral Roberts vs. Kansas - Box Score - November 15, 2006
Xa na súa tempada sénior foi elixido no terceiro mellor quinteto da Big 12 Conference e no mellor quinteto de xogadores máis mellorados. Foi titular nos últimos 35 partidos, sendo o máximo reboteador do equipo con 267 rexeitamentos. Bateu o seu récord anotador ante Boston College, ao conseguir 25 puntos, aos que engadiu 9 rebotes e 2 roubos de balón.Kansas vs. Boston College - Box Score - January 05, 2008 Acabou a tempada cunha media de 11,2 puntos e 6,7 rebotes por partido. No total da súa andaina como universitario fixo 6,8 puntos e 4,9 rebotes de media.Ficha de Jackson en TDR
Profesional Foi elixido na quincuaxésimo segunda posición do Draft da NBA de 2008 por Miami Heat, mais os seus dereitos foron case inmediatamente traspasados a Cleveland Cavaliers, equipo polo que asinou contrato en setembro de 2008. Previamente disputara a liga de Verán que se celebrou en Las Vegas, onde en 5 partidos fixo 5,8 puntos e 5,4 rebotes en 24,6 minutos de xogo. O 23 de marzo de 2010 foi cortado polos Cavaliers para facer sitio no equipo a Zydrunas Ilgauskas, e logo contratado por Milwaukee Bucks, aínda que permaneceu inactivo. Co comezo da tempada 2010-11 asinou con Sacramento Kings.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do BC Donetsk Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica BC