+ 200px Fundación 21 de decembro de 1938 Fundador Manuel Fernández Cuesta Merelo Xénero Información deportiva País Ámbito Nacional Lingua Castelán Periodicidade Diaria Prezo 1€ MARCA é un xornal español de información deportiva, fundado en 1938 en Donostia. Ten unha tiraxe media de 413.252 exemplares diarios e unha media de difusión de 287.641 exemplares..

Características É o xornal de pago máis lido en España con 2 749 000 seguidores diarios, segundo o EGM.Extracto do EGM do 1º trimestre de 2009 (en pdf) MARCA concede tradicionalmente o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da liga española e o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado.

Ademais, desde o ano 2005-06 tamén outorga o Trofeo Zarra ao máximo goleador nacional, o Miguel Muñoz ao mellor adestrador da liga española e o trofeo Guruceta ao árbitro máis destacado. A tempada 2007-08 comezou a entregar tamén o Trofeo Alfredo Di Stéfano ao mellor xogador da liga.

MARCA é un diario de pago e pertence ao Grupo Unidad Editorial. Cada día ofrece 15 edicións diferentes: 11 rexionais e 3 uniprovinciais, ademais da nacional. Os seus principais competidores en canto a periódico deportivo son o As, o Diario Sport ou o Mundo Deportivo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Radio Marca Sitio web de Unidad Editorial Ranking Alexa

Categoría:Xornais deportivos de España Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Madrid