Fredrik Barth, nado en Leipzig o 22 de decembro de 1928 e finado o 24 de xaneiro de 2016 en Oslo, foi un antropólogo noruegués.

Traxectoria Estudou na Universidade de Chicago e na Universidade de Cambridge. É autor da antoloxía Ethnic Groups and Boundaries (1969), na que formula a teoría relacional da etnicidade, que enfatiza as fronteiras entre grupos étnicos que non define unha sociedade ou unha cultura, senón o medio co que os membros dos grupos étnicos diferentes definen o ámbito e o alcance das súas relacións recíprocas en situacións de contacto.

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Fredrik Barth

Categoría:Antropólogos de Noruega Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en Leipzig Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago