William Anthony Parker, nado o 17 de maio de 1982, en Bruxas, Bélxica, é un ex xogador profesional francés de baloncesto. Xogou durante dúas tempadas na liga francesa antes de pasar a maior parte da súa carreira profesional na National Basketball Association (NBA). Ademais foi capitán da selección francesa. Parker naceu nunha familia que tiña, e continúa tendo, uns fortes lazos co baloncesto profesional.

Traxectoria Despois de xogar durante dous anos na liga francesa de baloncesto, Tony entrou no Draft da NBA de 2001 e foi elixido polos San Antonio Spurs. Moi rapidamente converteuse no seu "armador" (base) titular, e até agora foi elixido dúas veces no All-Star Game, e xunto a Tim Duncan e Emanuel Ginobili axudou aos Spurs a gañar Campionatos NBA. Os logros de Parker marcaron tamén a aparición dos xogadores de baloncesto franceses que manexan o seu comercio no NBA. Foi elixido MVP das Finais da NBA 2007, que tamén gañaron os Spurs.

O 10 de xuño de 2019, Parker anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Tony Parker Ficha de Parker en NBA.com Estatísticas de Tony Parker

Categoría:Nados en Bruxas Categoría:Nados en 1982 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:MVP das Finais da NBA Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016