Alfred Stieglitz, nado Hoboken, Nova Jersey o 1 de xaneiro de 1864 e finado en Nova York o 13 de xullo de 1946, foi un fotógrafo estadounidense.
Traxectoria Durante os seus cincuenta anos de carreira loitou por facer da fotografía unha forma de arte ao nivel da pintura e da escultura. Para acadar este obxectivo empezou explorando dentro do campo de fotografía as capacidades propias da pintura (composición, texturas...) para despois recorrer a elementos propiamente fotográficos (profundidade de campo, efecto de corte fotográfico...). Pasou así do pictorialismo á chamada fotografía directa. Stieglitz tamén é coñecido polo seu matrimonio coa pintora Georgia O'Keeffe.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Web da PBS sobre Stieglitz Paul Strand. Stieglitz, fotógrafo.
Categoría:Nados en Hoboken, Nova Jersey Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1946