Giulio Natta, nado o 26 de febreiro de 1903 en Porto Maurizio, actual Imperia (Italia) e finado o 2 de maio de 1979 en Bérgamo (Italia), foi un químico e profesor universitario italiano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

Traxectoria Diplomado con apenas 16 anos no Liceo-Ginnasio Cristoforo Colombo de Xénova doutorouse en 1924 en enxeñería química no Instituto Politécnico de Milán. En 1933 foi nomeado profesor de química na Universidade de Pavia, en 1935 o foi da Universidade de Roma, entre 1936 e 1938 do Instituto Politécnico de Química Industrial de Turín e finalmente en 1938 xefe do departamento de enxeñería química do Instituto de Milán.

Investigacións científicas As súas primeiras investigacións culminaron en novos métodos de sínteses do metanol, pero a partir de 1950 dedicouse case exclusivamente á química dos altos polímeros. En 1954 conseguiu manufacturar polipropileno cunha alta cristalización fraccionando mesturas amorfas, sendo denominado "isotáctico" pola simetría espacial da súa estrutura molecular.

Continuando os seus estudos sobre os polímeros macromoleculares, contribuíu de xeito extraordinario ao actual coñecemento do mecanismo de acción dos catalizadores estereoespecíficos e dos polímeros de estrutura espacial de gran regularidade.

En 1963 foi galardoado, xunto ao químico alemán Karl Ziegler, co Premio Nobel de Química polo seu traballo no estudo de catalizadores para a polimerización estereoselectiva de polialquenos terminais, os chamados Catalizadores Ziegler-Natta.

Véxase tamén

Outros artigos Proxección de Natta Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1963 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1963 Biografias e vidas

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos de Italia Categoría:Nados na provincia de Imperia Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Premios Nobel de Italia Categoría:Inventores de Italia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Milán Categoría:Profesores da Universidade de Pavia Categoría:Profesores da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Finados por párkinson Categoría:Profesores da Universidade Politécnica de Milán