Willis Reed Jr., nado en Hico, Louisiana, o 25 de xuño de 1942 e finado o 21 de marzo de 2023, foi un xogador de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira a finais dos anos 60 e principios dos 70. Cos seus 2,09 m, comezou xogando de á alto, na posición de 4, para pasar a ser un pivote nato. Destaca a súa traxectoria nos New York Knicks, posto que foi o único equipo no que militou nos seus dez anos como profesional.
Traxectoria deportiva Universidade Formado na pouco coñecida Universidade de Grambling, logrou unhas medias de 18,7 puntos e 15,2 rebotes, o cal lle permitiu ser All-American, é dicir, un dos mellores xogadores de toda a nación a nivel universitario, nos anos 1963 e 1964.
NBA Foi elixido na primeira posición da segunda rolda do Draft da NBA de 1964 polos New York Knicks, equipo no que desenvolvería toda a súa carreira profesional. No seu ano do debut foi elixido Rookie do Ano, cunhas extraordinarias estatísticas de máis de 19 puntos e 14 rebotes por encontro.
A súa mellor tempada, e pola que se lle lembrará sempre, foi a de 1969-70, na cal logrou o fito nunca antes alcanzado de ser considerado, nunha mesma tempada, MVP da tempada regular, do All-Star Game e das Finais, redondeando a mesma co anel de campión da NBA. Lograría un segundo título en 1973, cando xa as lesións estaban comezando a prexudicarlle. Retiraríase un ano máis tarde, con tan só 31 anos, disputando 650 partidos, e cunhas medias de 18,7 puntos e 12,9 rebotes por partido.
Equipos New York Knicks (1964-1974)
Adestrador Adestrou aos Knicks durante tempada e media, entre 1978 e 1979. De aí pasou a ser adestrador asistente da Universidade de St. John's en 1981, e adestrador titular na Universidade Creighton entre o 81 e o 85. Regresou de novo á liga profesional, facéndose cargo dos New Jersey Nets en 1987, levando ao equipo durante dúas tempadas.
Logros Dúas veces Campión da NBA (1970, 1973). Unha vez MVP da NBA (1970). Dúas veces MVP das Finais da NBA (1970, 1973). Sete veces All-Star (1965–1971). Unha vez MVP do All-Star (1970). Unha vez no Primeiro equipo da NBA (1970). Catro veces no Segundo equipo da NBA (1967–1969, 1971). Unha vez no Primeiro equipo defensivo da NBA (1970). Rookie do Ano da NBA (1955). Primeiro equipo rookie da NBA (1955). Nomeado un dos 50 mellores xogadores da historia da NBA (1996). Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (1982). Número 19 retirado por New York Knicks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Reed na web do Hall of Fame Estadísticas como xogador Estadísticas como adestrador
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores dos New York Knicks Categoría:Adestradores dos New Jersey Nets Categoría:MVP da Tempada da NBA Categoría:MVP das Finais da NBA Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados na parroquia de Union, Luisiana Categoría:Finados en 2023