Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego (California) é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto estadounidense. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xogaba de ala.
Traxectoria deportiva Universidade Walton xogou durante catro tempadas nos Wildcats da Universidade de Arizona. A súa mellor tempada foi a terceira, como júnior, que conseguiu unhas estatísticas de 15,7 puntos, 7,3 rebotes, 6,3 asistencias e 1,6 roubos de balón. se graduou en 2002.
Profesional Foi elixido no Draft da NBA de 2003, no posto 32 da segunda rolda, por Los Angeles Lakers. Durante as súas tres primeiras tempadas, apenas dispuxo de minutos para demostrar a súa valía. Está considerado como un xogador dun enorme potencial de recursos técnicos, polivalente e áxil, e por fin na tempada 2006-07 conseguiu dispor de minutos e unha media de 11,6 puntos, 4,8 rebotes e 4,3 asistencias. Na tempada 2007/08 gañou co seu equipo as finais de conferencia fronte a San Antonio, aínda que perderon as finais fronte aos Boston Celtics.
Na tempada 2008/09, coa saída do equipo de Vladimir Radmanović, recuperou a titularidade, sumou máis minutos e colaborou en lograr o anel para a franquía de California.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto a unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 a cambio de Ramon Sessions, Christian Eyenga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en NBA.com Estatísticas de Luke Walton
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Adestradores asistentes dos Golden State Warriors Categoría:Adestradores dos Los Angeles Lakers Categoría:Adestradores dos Sacramento Kings