Clyde Lovellette, nado o 7 de setembro de 1929 en Petersburg (estado de Indiana) e finado o 9 de marzo de 2016 en North Manchester (Indiana, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante dez tempadas na NBA. Foi o primeiro xogador da historia en formar parte de equipos gañadores da NCAA, NBA e Xogos Olímpicos.

Traxectoria Universidade Xogou durante 4 tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa última tempada foi o máximo anotador da NCAA, con 28,4 puntos por partido, levando ao seu equipo ao título de campión. É o único xogador da historia en ser o máximo anotador da competición gañando o título ese mesmo ano. Foi nomeado Mellor Xogador do Torneo da NCAA. En toda a súa carreira universitaria tivo unha media de 24,5 puntos e 10,2 rebotes por partido.Ficha de Lovellette en TDR

Ao finalizar a tempada foi incluído na selección de baloncesto de Estados Unidos que participaría nos Xogos Olímpicos de Helsinqui, gañando a medalla de ouro.

Profesional Foi elixido na primeira rolda do Draft da NBA de 1952 por Minneapolis Lakers, na novena posición, onde xogou durante catro tempadas, gañándose o posto de titular na tempada 1953-54, na que gañou o seu primeiro anel de campión. Foi traspasado a Cincinnati Royals, onde só xogou unha tempada, recalando posteriormente en St. Louis Hawks, onde permaneceu durante outras catro tempadas a un excelente nivel. Xa con 33 anos fichou polos Boston Celtics, onde tivo un papel secundario dando minutos de respiro aos pivotes titulares, e onde gañou o campionato nas dúas tempadas que permaneceu antes de retirarse en 1964.

Foi un dos primeiros xogadores que empregaron o tiro a unha man, ampliando o seu repertorio ofensivo, e que lle permitía xogar tanto de beirado como nas posicións máis próximas ao aro. Foi elixido para disputar o NBA All-Star Game en 3 ocasións, en 1956, 1960 e 1961. Nas súas dez tempadas como profesional tivo unha media de 17,0 puntos e 9,5 rebotes por partido.

Equipos Minneapolis Lakers (1953-1957) Cincinnati Royals (1957-1958) St. Louis Hawks (1958-1962) Boston Celtics (1962-1964)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Lovellette na NBA

Categoría:Nados no condado de Pike, Indiana Categoría:Nados en 1929 Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minneapolis Lakers Categoría:Xogadores dos Minneapolis Lakers Categoría:Xogadores dos Cincinnati Royals Categoría:Xogadores dos St. Louis Hawks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Finados en 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1952