James Clifford "Jim" Pollard, nado o 9 de xullo de 1922 en Oakland (California) e finado o 22 de xaneiro de 1993 en Stockton (tamén California), foi un xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que disputou sete tempadas da NBA como xogador e outro cinco como adestrador, repartidas entre a NBA e a ABA. Con tan só 1,93 metros de altura, xogaba na posición de ala-pivote, sendo capaz de realizar mates dende a liña de tiros libres,The Official NBA Basketball Encyclopedia, Villard Books (1994) gañándose o alcume de "The Kangaroo Kid" (o mozo canguro).

Traxectoria deportiva Universidade Xogou na súa mocidade na Univesidad de Stanford, onde foi unha peza clave para a consecución do Campionato da NCAA en 1942, onde tivo unha media de 21,5 puntos por partido ao longo do torneo, a pesar de perderse a final por lesión.1942 NCAA Tournament A súa carreira universitaria foi truncada pola segunda guerra mundial, pero ao seu regreso foi nomeado en dúas ocasións All-American.

Profesional Foi elixido na sexta rolda do Draft da NBA de 1947 por Chicago Stags, pero a pesar diso asinou contrato con Minneapolis Lakers, onde transcorreu toda a súa etapa de xogador profesional. Alí formou, xunto a George Mikan e Vern Mikkelsen un dos mellores tríos de homes altos da historia da NBA. En 1952 foi nomeado polos xogadores que até a data xogaran na liga profesional como o mellor xogador da época.

Foi elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da liga, e noutras dúas no segundo mellor. Disputou tamén en catro ocasións o NBA All-Star Game. Nos seus 7 anos como profesional tivo unha media de 13,2 puntos e 7,8 rebotes por partido. Gañou cinco aneis de campión da NBA.

Equipos Minneapolis Lakers (1948-1955)

Adestrador Ao acabar a súa carreira de xogador, fíxose cargo do equipo da Universidade de La Salle, onde permaneceu durante tres tempadas, cun balance de 48 vitorias e 28 derrotas. En 1960 fichou como adestrador do seu equipo de toda a súa vida, os Minneapolis Lakers, onde permaneceu un ano, para ir ao ano seguinte a Chicago Packers. En 1967 foi a parar á ABA, onde se fixo cargo dos Minnesota Muskies, pasando posteriormente polos Miami Floridians.Remember the ABA. Miami Floridians

Equipos Universidade de La Salle (NCAA, 1955-1958) Minneapolis Lakers (1959-1960) Chicago Packers (1960-1961) Minnesota Muskies (1967-1968) Miami Floridians (1969-1970)

Falecemento Faleceu en 1993, por causas naturais, á idade de 70 anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas BasketballReference.com: Jim Pollard (como xogador) BasketballReference.com: Jim Pollard (como adestrador) Basketball Hall of Fame: Jim Pollard

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Minneapolis Lakers Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores dos Minneapolis Lakers Categoría:Adestradores dos Chicago Packers Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en Oakland Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1993