A ABA Liga, tamén coñecida como a Liga do Adriático e por motivos de patrocinio AdmiralBet ABA Liga, é unha competición de baloncesto profesional de máximo nivel na que xogan equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, todas elas repúblicas da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. No pasado teñen participado tamén clubs de Bulgaria, Hungría, Israel e a República Checa. A ABA Liga convive coas competicións nacionais de cada país (1. A SKL, HT Premijer liga, Košarkaška liga Srbije, Makedonska prva liga, Prva A Liga, Super liga BiH). Todos os equipos da competición únense ás súas respectivas ligas a finais da primavera, cando a tempada regular e os play offs da ABA rematan.
A Liga é un proxecto privado. Foi fundada en 2001 e dirixida até 2015 pola compañía eslovena Sidro baixo a Adriatic Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto do Adriático, ABA). Desde 2015 a organizadora da competición é ABA League JTD, unha asociación para a organización de actividades deportivas con sede en Zagreb, Croacia. A ABA é membro de pleno dereito da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), así como membro con dereito a voto no corpo directivo da Euroliga.
Historia En varios momentos ao longo de mediados e finais da década de 1990, nos anos posteriores á ruptura da República Federal Socialista de Iugoslavia e as guerras iugoslavas, diferentes administradores de baloncesto dos novos estados balcánicos independentes discutiron informalmente a idea de volver a montar unha competición de baloncesto conxunta para cubrir o baleiro deixado pola disolución da antiga Liga Iugoslava de Baloncesto (YUBA), cuxa última temporada fora a de 1991–92.
Porén, non se tomaron medidas concretas antes da creación no verán de 2000 da Euroleague Basketball Company baixo o liderado de Jordi Bertomeu, que se enfrontou de inmediato a FIBA Europa, e que despois levou a un importante conxunto dos principais clubs europeos á súa nova competición. A temporada 2000−01 abriu así unha división organizativa no baloncesto de clubs europeos. Durante esta división, os dirixentes de varios equipos balcánicos afiliados á ULEB que competían na nova Euroliga: KK Cibona, KK Olimpija e KK Budućnost, aumentaron os esforzos para a creación dunha rexional balcánica.
No plano das relacións públicas, a proposta encontrouse con fortes críticas. Aínda que moitos o consideraron un paso importante para o desenvolvemento do baloncesto de clubs na rexión dos Balcáns, moitos outros consideraron que non achegaba nada novo e que non pagaba a pena desmantelar tres ligas nacionais. Tamén houbo moitas reaccións negativas por parte dos círculos políticos, especialmente en Croacia, onde incluso as mesas de debate foron transmitidas pola televisión estatal croata. De feito, algunha xente no país vía a formación da liga como un intento político de restabelecer Iugoslavia. Pola súa banda, os organizadores da liga fixeron todo o posible para acougar ao público croata con declaracións como as de Radovan Lorbek no Slobodna Dalmacija en setembro de 2001:
Dez anos despois, nunha entrevista de 2011 para o xornal serbio Press, Roman Lisac explicou que a estratexia entre bastidores da liga durante as súas primeiras etapas era en realidade bastante diferente:
O 28 de setembro de 2001, botou a andar cun contrato de patrocinio de cinco anos coa empresa eslovena Sava Tires de Kranj, unha subsidiaria de Goodyear Tire and Rubber Company. O acordo tamén incluía os dereitos de nomeamento, polo que desde 2001 ata 2006, a competición foi coñecida como a Goodyear League.
Competición Desde a temporada 2021−22, a liga comprende unha tempada regular de 26 partidos, onde os equipos xogan todos contra todos a dobre volta, xogando contra cada equipo na casa e fóra. Os dous primeiros clasificados acceden directamente ás semifinais da competición, mentres que os posto do terceiro ao sexto xogan unha eliminatorias ao mellor de tres xogos para decidir os outros dous semifinalistas. As semifinais tamén se disputan ao mellor de tres encontros, mentres que a final é ao mellor de cinco. En 2017 creouse a Segunda División da ABA Liga, de xieto que o último clasificado da competición descende de categoría, mentres que o penúltimo debe disputar un playoff de permanencia contra o segundo clasificado da Segunda División. Con todo, o equipo que disputa este playoff de permanencia non ter por que ser necesariamente o penúltimo, xa que hai unha regra que impide que na Primeira división haxa máis de cinco equipos do mesmo país.
Equipos Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da ABA Liga.
EquipoCidadePaísPavillónCapacidadeBorac ČačakČačakHala Kraj MoravaBudućnost VOLIPodgoricaSportski Centar MoračaCedevita OlimpijaLiublianaArena StožiceCibonaZagrebDvorana Dražen PetrovićCrvena zvezda mtsBelgradoHala Aleksandar NikolićFMP MeridianBelgradoDvorana ŽeleznikIgokea m:telAleksandrovacSportska Dvorana LaktašiMega MISBelgradoHala Sportova Ranko ŽeravicaMornar Barsko zlatoBarSportska Dvorana TopolicaMZT Skopje AerodromSkopjeJane SandanskiPartizan NISBelgradoŠtark ArenaSC DerbyPodgoricaSportski Centar MoračaSplitSplitArena GripeZadarZadarDvorana Krešimira Ćosića
Campións Finais miniatura|250px|Seareiros do KK Partizan. AnoFinalSemifinaisCampiónResultadoSegundo lugar2001−0230px|border|Eslovenia Olimpija73–5930px|border|Eslovenia Krka30px|border|Eslovenia Pivovarna Laško30px|border|Croacia Cibona2002−0330px|border|Croacia Zadar91–8830px|border|Israel Maccabi Tel Aviv30px|border|Serbia e Montenegro Crvena Zvezda30px|border|Eslovenia Olimpija2003−0430px|border|Serbia e Montenegro FMP71–7030px|border|Croacia Cibona30px|border|Serbia e Montenegro Crvena Zvezda30px|border|Eslovenia Olimpija2004−0530px|border|Serbia e Montenegro Vršac89–7630px|border|Serbia e Montenegro Partizan30px|border|Serbia e Montenegro FMP30px|border|Serbia e Montenegro Crvena Zvezda2005−0630px|border|Serbia e Montenegro FMP73–7230px|border|Serbia e Montenegro Partizan30px|border|Serbia e Montenegro Crvena Zvezda30px|border|Serbia e Montenegro Vršac2006−0730px|border|Serbia Partizan179–165 (85–83 / 94–82)30px|border|Serbia FMP30px|border|Croacia Cibona30px|border|Serbia Vršac2007−0830px|border|Serbia Partizan69–5130px|border|Serbia Vršac30px|border|Eslovenia Olimpija30px|border|Croacia Zadar2008−0930px|border|Serbia Partizan63–4930px|border|Croacia Cibona30px|border|Serbia Crvena Zvezda30px|border|Serbia Vršac2009−1030px|border|Serbia Partizan75–7430px|border|Croacia Cibona30px|border|Serbia Vršac30px|border|Eslovenia Olimpija2010−1130px|border|Serbia Partizan77–7430px|border|Eslovenia Olimpija30px|border|Montenegro Budućnost30px|border|Eslovenia Krka2011−1230px|border|Israel Maccabi Tel Aviv87–7730px|border|Croacia Cedevita30px|border|Montenegro Budućnost30px|border|Serbia Partizan2012−1330px|border|Serbia Partizan71–6330px|border|Serbia Crvena Zvezda30px|border|Bosnia e Hercegovina Igokea30px|border|Serbia Radnički Kragujevac2013−1430px|border|Croacia Cibona72–5930px|border|Croacia Cedevita30px|border|Serbia Crvena Zvezda30px|border|Serbia Partizan2014−1530px|border|Serbia Crvena Zvezda3–130px|border|Croacia Cedevita30px|border|Serbia Partizan30px|border|Montenegro Budućnost2015−1630px|border|Serbia Crvena Zvezda3–030px|border|Serbia Mega Leks30px|border|Croacia Cedevita30px|border|Montenegro Budućnost2016−1730px|border|Serbia Crvena Zvezda3–030px|border|Croacia Cedevita30px|border|Montenegro Budućnost30px|border|Serbia Partizan2017−1830px|border|Montenegro Budućnost3–030px|border|Serbia Crvena Zvezda30px|border|Croacia Cedevita30px|border|Montenegro Mornar2018−1930px|border|Serbia Crvena Zvezda3–230px|border|Montenegro Budućnost30px|border|Serbia Partizan30px|border|Croacia Cedevita2020−2130px|border|Serbia Crvena Zvezda3–230px|border|Montenegro Budućnost30px|border|Montenegro Mornar30px|border|Bosnia e Hercegovina Igokea2022−2230px|border|Serbia Crvena Zvezda3–230px|border|Serbia Partizan30px|border|Montenegro Budućnost30px|border|Croacia Cedevita Olimpija
Títulos por club EquipoCampiónSubcampiónAnos campiónAnos subcampión Partizan2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 20132005, 2006, 2022 Crvena zvezda2015, 2016, 2017, 2019, 2021, 20222013, 2018 FMP2004, 20062007 Cibona20142004, 2009, 2010 Budućnost20182019, 2021 Maccabi Tel Aviv20122003 Vršac20052008 Olimpija20022011 Zadar2003 Cedevita2012, 2014, 2015, 2017 Mega Basket2016 Krka2002 Total 20 20
Títulos por país PaísCampiónSubcampiónFinais
Recoñecementos individuais
MVP Ano MVP Equipo 2001-02 Marino Baždarić Triglav osiguranje 2002-03 Kenyan Weaks Pivovarna Laško 2003-04 Dejan Milojević KK Budućnost 2004-05 Dejan Milojević KK Partizan 2005-06 Dejan Milojević KK Partizan 2006-07 Milan Gurović Crvena zvezda 2007-08 Tadija Dragićević Crvena zvezda 2008-09 Ante Tomić KK Zagreb 2009-10 Chester Mason HKK Široki 2010-11 Luka Žorić KK Zagreb 2011–12 David Simon Radnički 2012–13 Aleksandar Ćapin Radnički 2013–14 Dario Šarić Cibona 2014–15 Nikola Jokić Mega Basket 2015–16 Miro Bilan Cedevita 2016–17 Nikola Janković Olimpija 2017–18 Luka Žorić Cibona 2018–19 Goga Bitadze Budućnost 2020–21 Filip Petrušev Mega Basket 2021–22 Nikola Kalinić Crvena zvezda
Máximo anotador Ano MVP Equipo 2001-02 Marino Baždarić Triglav osiguranje 26,23 2002-03 Kenyan Weaks Pivovarna Laško 20,14 2003-04 Igor Rakočević Crvena zvezda 23,22 2004-05 Dejan Milojević Partizan 21,77 2005-06 Dejan Milojević Partizan 17,68 2006-07 Milan Gurović Crvena zvezda 28,60 2007-08 Tadija Dragićević Crvena zvezda 20,46 2008-09 Dragan Labović FMP 17,96 2009-10 Andrija Žižić Cedevita 17,12 2010-11 Michael Lee Radnički 19,60 2011–12 David Simon Radnički 19,38 2012–13 Aleksandar Ćapin Radnički 17,48 2013–14 Dario Šarić Cibona 16,27 2014–15 Malcolm Armstead Krka 17,56 2015–16 Tadija Dragićević Budućnost 16,33 2016–17 Ivan Marinković Zadar 17,80 2017–18 Luka Žorić Cibona 19,70 2018–19 Dragan Apić FMP 20,29 2020–21 Filip Petrušev Mega Basket 23,62 2021–22 Shannon Shorter Split 17,00
Todos os participantes Na seguinte liga aparecen todos os equipos que teñen participado na Liga do Adriático desde a súa formación no 2001 ata a actualidade. Os equipos que non disputan a competición actualmente están sinalados en negra. Dende a súa formación teñen participado 41 equipos de 10 países na Liga.
2D Xoga na Segunda División Cn. Temporada cancelada pola pandemia de COVID-19 Desaparecido Equipo desaparecido Restrinxido Equipo de fóra da área do Adriático Suspendido Equipo suspendido 1º Campión 2º Subcampión SF Semifinalista Negra Equipos da temporada 2022−23 ASD Aínda sen determinar R Campión da liga regular
Equipo02030405060708091011121314151617181920212223AnostotaisMellorposto Borac Banja Luka 2 Bosna 7 Igokea R 12 Sloboda Tuzla 1 Široki 12 Levski Sofia Restrinxido 1 Cedevita Junior 10 Cibona R R 22 Split 11 Šibenik Desaparecido 1 Triglav Osiguranje Desaparecido 1 Zadar 21 Zagreb Desaparecido 10 Nymburk Restrinxido 1 Szolnoki Olaj Restrinxido 3 Maccabi Tel Aviv R Restrinxido 2 Budućnost R 20 Lovćen 1 Mornar 7 Studentski centar 2 Sutjeska 1 Karpoš Sokoli Suspendido 1 MZT Skopje 7 Borac Čačak 3 Crvena zvezda R R R R RR R R 21 FMP 7 FMP Železnik R Desaparecido 7 Mega 10 Metalac Valjevo 2 Partizan R R R R 19 KK Radnički Kragujevac Desaparecido 5 Vojvodina Srbijagas Desaparecido 3 Vršac R 8 Cedevita Olimpija Non fundado 4 Helios Suns 7 Koper Primorska Non fundado Desaparecido 2 Krka 15 Olimpija R Desaparecido18 Slovan 6 Tajfun 1 Zlatorog Laško 6
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da Liga do Adriático A Liga do Adriático en Eurobasket
Categoría:Liga do Adriático Categoría:Ligas de baloncesto de Serbia Categoría:Ligas de baloncesto de Croacia Categoría:Ligas de baloncesto de Montenegro Categoría:Ligas de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Ligas de baloncesto de Eslovenia