O novo sol (en galego) ou nuevo sol (en castelán) (S/.) (ISO 4217: PEN) é a moeda oficial do Perú dende 1991, divídese en 100 céntimos. Na actualidade circulan moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos e 1, 2 e 5 nuevos soles, e billetes de 10, 20, 50, 100 e 200 nuevos soles.

Actualmente, para reflotar e dar vixencia ao uso das moedas dun e cinco céntimos (moitos non as aceptan por creren falsamente que están fóra de circulación), o Banco Central de Reserva do Perú emitiu unha nova moeda dun céntimo de aluminio, de menor peso e igual deseño e valor que a orixinal. Ámbalas dúas moedas dun céntimo circulan simultaneamente.

A paridade cambiaria en relación ao dólar estadounidense é fixada diariamente polo Banco Central de Reserva do Perú, entidade estatal independente do executivo nas súas funcións e que deixa flotar libremente esta moeda, a que dende arredor do ano 2004 revaluouse, grosso modo, situándose nunha paridade próxima aos 2,69 nuevos soles por dólar (xaneiro 2008).

Esta moeda substituíu o inti debido á desvalorización sufrida. Un nuevo sol equivalía, no momento do troco, a 1 millón de intis ou a 1 millardo de viejos soles.

Moedas en circulación Na actualidade circulan 8 moedas, no anverso mostran unha imaxe diferente e no reverso levan o escudo do Perú no centro, no exergo a lenda Banco Central de Reserva del Perú e o ano de cuñaxe.

Denominación Circuladende Metal Forma Diámetro Grosor Peso Bordo Imaxe Anillo Centro 1 Céntimo 1991 Latón Circular 16 mm 1,05 mm 1,78 g Liso 2005 Aluminio Circular 16 mm 1,05 mm 1,78 g Liso 5 Céntimos 1991 Latón Circular 18 mm 1,26 mm 2,70 g Liso 2006 Aluminio Circular 18 mm 1,26 mm 2,70 g Liso 10 Céntimos 1991 Latón Circular 20,5 mm 1,26 mm 3,50 g Liso 20 Céntimos 1991 Latón Circular 23 mm 1,26 mm 4,40 g Liso 50 Céntimos 1991 Acero Circular 22 mm 1,65 mm 5,45 g Estriado 1 Nuevo Sol 1991 Acero Circular 25,5 mm 1,65 mm 7,32 g Estriado 2 Nuevos Soles 1994 Acero Latón Circular 22,2 mm 2,07 mm 5,62 g Liso 2010 Acero Latón Circular 22,2 mm 2,07 mm 5,62 g Estriado descontinuo 5 Nuevos Soles 1994 Acero Latón Circular 24,3 mm 2,13 mm 6,67 g Estriado 2010 Acero Latón Circular 24,3 mm 2,13 mm 6,67 g Estriado

Billetes en circulación Denominación Circuladende Cor Personaxe Reverso Imaxe 10 Nuevos Soles 1991 Verde José Abelardo Quiñones <center>Caza FAP XXI-41-3, no voo invertido<center> 20 Nuevos Soles 1991 Laranxa Raúl Porras Barrenechea <center> Interior do Pazo de Torre Tagle, sede da Chancelería<center> 50 Nuevos Soles 1991 Marrón Abraham Valdelomar <center>Oasis de Huacachina, Ica<center> 100 Nuevos Soles 1992 Azul Jorge Basadre <center>Biblioteca Nacional do Perú<center> 200 Nuevos Soles 1995 Rosado Santa Rosa de Lima <center>O pozo dos desexos de Santa Rosa de Lima<center>

Revaluación do sol A moeda peruana vénse revaluando dende inicios do novo milenio; por exemplo, en setembro de 2002 con 3,64 equivalía a 1 dólar, en xullo de 2004 xa se situaba en S/.3,36, en decembro de 2006, 1 dólar valía S/.3,25, en maio do 2007 con S/.3,15 equivale 1 dólar.

Para o 28 de setembro de 2007 o dólar ten un equivalente a 3.08 nuevos soles, de semana en semana a moeda segue aumentando o seu valor de xeito considerable. O último troco daquela situouse en 3,05 nuevos soles o 1 de outubro do 2007, tan só 2 días despois 5 de outubro, nos bancos a cotización retrocedeu a S/. 3,019 a compra e S/. 3,021 a venda, mentres que nalgunhas casas de troco da capital caeu por debaixo dos tres soles: entre S/. 2,98 e S/. 3,02.

O 2 de novembro de 2007 o sol rompe a barreira de 3, un dólar chega a custar entre 2,997 e 2,999 soles, situándose en xaneiro de 2008 en S/. 2,94 soles. Fontes: Reuters Latin America . A finais de marzo de 2008 o dólar cotizábase en 2,775-2,830 nuevos soles segundo o tipo de troco publicado polo Banco da Nación do Perú na súa páxina web oficial. A mediados de abril a cotización chegou a situarse en S/. 2,68 e a finais de abril subiu a S/. 2,70.

O 14 de outubro de 2009, esta moeda cotizouse en S/. 2,8570 por dólar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sol

Ligazóns externas Moedas do Perú

Categoría:Moedas do Perú Categoría:ISO 4217