Os Tuath(a) Dé Danann (t̪ˠuəhə dʲeː d̪ˠan̪ˠən̪ˠ, que quere dicir "o pobo da deusa Danu"), tamén coñecidos polo nome Tuath Dé ("tribo dos deuses"),Koch, John T. Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO, 2006. pp.1693-1695 son unha raza sobrenatural da mitoloxía irlandesa. Crese que representan as principais deidades da Irlanda celta precristiá. Os Tuatha Dé Danann constitúen un panteón cuxos atributos aparecen en gran número de formas a través do mundo celta.A brief guide to Celtic Myths & Legends, M. Whittock, section 5, Constable & Robinson Ltd, 2013.
Os Tuath Dé habitan no Outro Mundo mais interactúan cos humanos e o mundo humano. Están asociados con antigas tumbas de andadeiro, como Brú na Bóinne, que eran considerados portais para o Outro Mundo. Os seus rivais tradicionais eran os Fomorians (Fomoire),A brief guide to Celtic Myths & Legends, M. Whittock. quen representaban os poderes daninos ou destrutivos da natureza,MacCulloch, John Arnott. The Religion of the Ancient Celts. The Floating Press, 2009. pp.80, 89, 91Smyth, Daragh. A Guide to Irish Mythology. Irish Academic Press, 1996. p.74 e que os Tuath Dé derrotaron na Batalla de Mag Tuired. Cada membro dos Tuath Dé tiña asociacións cunha característica particular da vida ou da natureza, mais algúns tiñan máis dun atributo asociado. Moitos teñen alcumes, que representan os diferentes aspectos da deidades, e outros teñen nomes rexionais e epítetos.Ward, Alan (2011). The Myths of the Gods: Structures in Irish Mythology. p.9
Os Tuath Dé convertéronse posteriormente nos Aos Sí ou "fadas" dos contos populares.Koch, Celtic Culture, pp.729, 1490, 1696Monaghan, Patricia. The Encyclopedia of Celtic Mythology and Folklore. Infobase Publishing, 2004. p.167MacCulloch, John Arnott. Celtic Mythology. Dover Publications, 2004. p.49Black, Ronald. The Gaelic Otherworld. Birlinn, 2008. p.xxxii
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cailleach Dana (mitoloxía) Milesianos Bibliografía R.A.S. Macalister (ed.). Lebor Gabála Érenn [The Book of the Taking of Ireland]. Dublín: Irish Texts Society.
Categoría:Mitoloxía irlandesa