Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español. Xoga na posición de defensa, e en febreiro de 2025 atópase sen equipo.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.

Traxectoria Formouse na canteira do Sevilla FC, etapa na que destacou cunha gran proxección en defensa, e sendo un baluarte para todo ataque do equipo contrario, cunha presenza no campo pouco común para un xogador de tan curta idade, o que lle fixo debutar na Primeira División Española o 1 de febreiro de 2004, con 17 anos de idade. Na súa primeira campaña co Sevilla FC xogou 7 partidos e na seguinte disputou 31, marcando dúas tantos, impresionando a propios e a estraños, e chamando a atención de grandes clubs da liga como o Real Madrid.

Marchou ao Real Madrid o 31 de agosto de 2005 por 27 millóns de euros, converténdose con 19 anos na única fichaxe española do presidente Florentino Pérez. Debutou co equipo madrileño o 10 de setembro no Estadio Santiago Bernabéu, nun partido de Liga contra o Celta de Vigo, e á súa vez, relegando ao banco a Míchel Salgado.

Logo da súa primeira tempada co conxunto branco, na cal marcou 5 goles, participou coa Selección Española na Copa Mundial de Fútbol de 2006, en Alemaña.

Ao acabar a tempada de liga 2006-07, tivo que pasar polo quirófano debido ao golpe recibido por Roy Makaay no partido de Champions contra o Bayern de Múnic (7 de marzo), o que lle produciu unha fractura do tabique nasal. Posteriormente, o día 11 de xullo de 2007 renovou co Real Madrid, cobrando o dobre do que gañaba.

Actualmente é considerado un dos mellores laterais do mundo, chamado a facer historia no club branco, e protagonizando xogadas épicas cada tempada como a conexión que tiña con David Beckham no último ano deste. É un habitual da Selección Española e isto levouno a ser o cuarto capitán do Real Madrid, por detrás de Raúl, Guti e Iker Casillas.

Selección nacional O seu debut produciuse o 26 de marzo de 2005 en Salamanca, partido no que España gañou 3-0 a China. Marcou 4 goles coa selección española en 52 partidos.

Xogou o Mundial de Alemaña onde a súa selección caeu en oitavos de final e disputou a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza participando na final ante Alemaña, xogando os 90 minutos e gañando o título para España.

Nesta mesma final, unha vez terminado o encontro, Sergio luciu unha camiseta dedicada ao seu amigo e ex compañeiro do Sevilla FC Antonio Puerta, falecido tras un fallo cardíaco durante un partido ligueiro a principios desa tempada 2007-08.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Participacións en Copas do Mundo EventoSedeResultadoCopa Mundial de 2006Alemaña1/8 de finalCopa Mundial de 2010SuráfricaCampión

Participacións en Eurocopas EventoSedeResultadoEurocopa 2008Austria e SuízaCampión

Estatísticas ClubTempadaLigaCopaEuropaTotalPXGATATVPXGATATVPXGATATVPXGATATVSevilla FC2003-0470??10??????????00000700102004-05312??5050??????610004220502005-0610000000000000010000Total3920605000061000502060Real Madrid2005-063340113610307111146611542006-073352151300106103042621912007-083354143300007013043551732008-093243131000008100040531312009-10324311100000700003941101Total163221264912104036427121127147710Total202241269917104042527126129128310

PX: Partidos Xogados. G: Goles. A: Asistencias. TA: Tarxetas amarelas. TR: Tarxetas vermellas.

Palmarés Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAnoLiga de EspañaReal MadridEspaña2007Liga de EspañaReal MadridEspaña2008Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2008

Campionatos internacionais

TítuloClubSedeAnoCampionato europeo Sub-21Selección de España -2004EurocopaSelección de EspañaAustria-Suíza2008Copa Mundial de FútbolSelección españolaSuráfrica2010

Distincións individuais Forma parte do equipo ideal de 2008 elixido polos internautas da páxina oficial da UEFA. Fifpro 2008

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial